Arquivo do 6 de Xullo do 2012

Este venres de festexo

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

Os dos Celtas volven  estar de celebración . Desta volta  tocoulle cumprir anos a Xavi e, coma sempre, non faltaron as lambonadas, a música o confetti; pero, sobre todo, houbo moita diversión. É que  tres anos só se cumpren unha vez!!

Moitos parabéns, Xavi!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

A palabra desta semana, que escolleran as dos trogloditas, Tania e Olalla, vén sendo:

verdello -lla

1 adx Que tira á cor verde.

2 s m PROTISTA Comunidade de algas microscópicas filamentosas.

3 s m Conxunto de plantas verdes e miúdas que se forman sobre unha superficie húmida.

A roupa e os obxectos do verán

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

Coa chegada do verán, apetécenos vestirnos máis fresquiños, porque vai moito calor.

Os Viquingos estiveron aprendendo cales son as prendas típicas desta estación, e tamén os obxectos que podemos utilizar cando vamos á praia como as toallas, os caldeiros, as pas, etc.

Mirade que ben o pasaron!

Os xeados

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

Non hai cousa que nos guste máis no verán que tomarmos un xeado.

Os Viquingos quixeron decorar a súa aula con debuxos deste manxar, e para iso pegaron gomets con moita delicadeza.

Mirade!

Festa pirata!!

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

Parece mentira pero, hai uns días, festexamos o fin de curso!, como pasa o tempo!

A temática deste ano foi “festa pirata”, así que todos/as preparamos os nosos garfos e parches e lucimos as nosas mellores galas.

Os cativos agasalláronnos cunhas magníficas actuacións, pero non foron os únicos!, todo o equipo de Nigrán dispúxose a bailar “O pirata cando baila…”

O momento máis emotivo da festa chegou cando tivemos que despedirnos dos máis maiores, que comezarán unha nova aventura nos seus respectivos coles. Non esquezades  virnos a visitar!, E moitas grazas ás familias por colaborar sempre con nós durante estos cursos.

Pensades que non aconteceron máis cousas nesta festa?, pois estades equivocados! Os membros da Anpa e demáis pais, prepararon uns magníficos pinchos!, moitas grazas papis!

E para rematar a festa sabedes que? Os bombeiros de Nigrán preparáronnos unha festa da espuma no patio!, moitas grazas tamén pola vosa colaboración! E aínda por riba acabamos dándonos un boretazo nas nosas piscinas, vamos, que o pasamos de marabilla!

Non deixedes de botar unha ollada! Xa estamos pensando a temática do ano que vén!

Mirade cantos piratas asistiron!