Parece mentira pero, hai uns días, festexamos o fin de curso!, como pasa o tempo!
A temática deste ano foi “festa pirata”, así que todos/as preparamos os nosos garfos e parches e lucimos as nosas mellores galas.






Os cativos agasalláronnos cunhas magníficas actuacións, pero non foron os únicos!, todo o equipo de Nigrán dispúxose a bailar “O pirata cando baila…”











O momento máis emotivo da festa chegou cando tivemos que despedirnos dos máis maiores, que comezarán unha nova aventura nos seus respectivos coles. Non esquezades virnos a visitar!, E moitas grazas ás familias por colaborar sempre con nós durante estos cursos.
Pensades que non aconteceron máis cousas nesta festa?, pois estades equivocados! Os membros da Anpa e demáis pais, prepararon uns magníficos pinchos!, moitas grazas papis!
E para rematar a festa sabedes que? Os bombeiros de Nigrán preparáronnos unha festa da espuma no patio!, moitas grazas tamén pola vosa colaboración! E aínda por riba acabamos dándonos un boretazo nas nosas piscinas, vamos, que o pasamos de marabilla!










Non deixedes de botar unha ollada! Xa estamos pensando a temática do ano que vén!
Mirade cantos piratas asistiron!








Esta entrada foi publicada
o Venres, 6 Xullo do 2012 ás 06:42 e está arquivada como Aniversarios.
Podes seguir calquera resposta a esta entrada a través da semente RSS 2.0.
Podes deixar unha resposta, ou trackback desde o teu sitio.
8 de Xullo de 2012 ás 19:35
Pero que guapiña está a miña iratxe!! Levades unha gran profesional e compañeira para a escola de Nigrán, noraboa!