Arquivo do 12 de Xullo do 2012

Os protagonistas dos Exipcios

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2012

Neste pasado mes de xuño,   finalizou    a     experiencia             “O protagonista da semana” que, os da aula dos Exipcios, desenvolveron ao longo do ano.

Esta experiencia, deseñada como recurso para a construción da identidade, resultou do máis positiva.

As familias participaron activamente nesta experiencia: viñan ao cole un dos días no que o seu neno era protagonista traendo obxectos de apego ou significativos para o neno. A través destes obxectos, contábannos aos demais a historia persoal do neno.

A maiores, agasallábannos coa narración dun conto, que adoitaba ser o preferido do seu fillo.

Aos nenos, sen dúbida ningunha, o que máis lle gustou foi… seren os axudantes das profes!!

Damos as grazas as familias porque sen a súa participación non sería posible esta gratificante experiencia.


UXÍA

AITOR

O fútbol dos maiores

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2012

Os maiores da escola, logo de ver xogar ao fútbol á selección de España, quixeron polo en práctica. Aínda que xa eran moi coñecederos deste deporte que disque practican de forma cotiá, propúxoselle a actividade da seguinte maneira: un facía de porteiro e o contrincante  chutaba o balón;  logo intercambiaban os papeis. A penaltis!! Como nos divertimos. Botade unha ollada.

CELTAS E EXIPCIOS

Recibimos a visita de Cora

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2012

As aulas recibemos unha gratificante sorpresa, o  luns pasado, coa chegado do felino da profe Vero. O nome da súa gata era Cora e pasamos un momento moi agradable; tiña unha pelaxe moi suaviña á que podiamos acariciar e até a algúns de nós nos deixou peinala. Era dunha cor gris espectacular.

Sen cueiro!!

Publicado por nigran o 12 de Xullo do 2012

Que maiores se están a facer estes nenos/as!! Tres Viquingos comezaron ir ao baño soíños! Laura, Blanca e Nico están a facelo moi ben.

Noraboa rapaces, da gusto mirarvos crecer así de ben!

LAURA

BLANCA

NICO