Arquivo do 26 de Xullo do 2012

Visita da “Aula verde”

Publicado por nigran o 26 de Xullo do 2012

Coa axuda dos grandísimos profesionais que conforman este equipo, as aulas fomos a plantar leitugas nas nosas macetas. Primeiro collemos terriña, logo fixemos un buraco co noso polgar e, por último, enterramos a raíz da leitugiña, engadimos máis terra, regamos as nosas macetas.

A continuación dispuxémonos a colocalas nun lugar non moi caloroso para que non se secasen. Quedáronnos unhas plantacións preciosas.

Despois, un colaborador de Aula Verde, logo de mostrar como ulían o romeu, o tomiño ou a lavanda, axudoulles a plantar as aromáticas na nosa horta.

PRIMEIRO GRUPO :


SEGUNDO GRUPO :

Facemos música con diferentes instrumentos

Publicado por nigran o 26 de Xullo do 2012

Os dos Celtas palmearon coas mans sobre recipientes de metal como se estivesen nunha pandeirada; pero, no canto de empregar latas, empregaron os pratos dunhas  unha friameiras campestres de moitas cores.

Os Trogloditas tamén se convertiron nuns grandes percusionistas, e batían nas latas con moito entusiasmo: