Arquivo da categoría 'Aniversarios'

Luna, de día de anos

Publicado por nigran o 21 de Maio do 2012

Os dos Exipcios non paran de celebrar. Este día vai ser recordado por todos, pois esta cativa, que xa vai marchar da Escola, levará a todos os compañeiros na memoria, pois esta festa foi marabillosa. Só tedes que botar unha ollada.

Moitos parabéns polo teu terceiro aniversario.

Aniversario de Martín

Publicado por nigran o 9 de Maio do 2012

O Troglodita máis pequeno, Martín, estase a facer todo un “chico” maior, pois acaba de festexar o seu primeiro aniversario;

Moitos parabéns Martín!!, en breve estarás corricando pola aula.

A festa foi do máis divertida, non faltou de nada: comida, bebida, música e confeti.

Botade unha ollada!

Os Exipcios de fextexo

Publicado por nigran o 7 de Maio do 2012

Este xoves pasado Pablo  festexou o seus tres anos e a festa foi memorable. Só tedes que botar unha ollada para imaxinar que ben o pasaron os cativos desta aula.

Moitos parabéns, Pablo.

Aniversario de Elena, Luis e Pablo

Publicado por nigran o 7 de Maio do 2012

Tres Viquingos están de noraboa, pois acaban de festexar o seu segundo aniversario!

Moitos parabéns Elena, Luis e Pablo!, que maiores vos estades facendo!

Como non podía ser menos, festexárono ao grande: comeron, beberon, xogaron con confeti e bailaron sen parar.

Aquí tedes unha mostra desta gran festa de aniversario.

Os Exipcios volven a festexar

Publicado por nigran o 25 de Abril do 2012

Este  venres pasado Noa xa cumpriu os tres aniños e a súa aula  festexouno ao grande. Non faltou, como de costume, o confetti, a música, as lambonadas e a sorprendente piñata.

Os de viquingos de celebración

Publicado por nigran o 18 de Abril do 2012

O  venres pasado, os desta aula festexaron o aniversario de Blanca e  a festa e a diversión estiveron aseguradas. Só tedes que botar unha ollada.

Os de Exipcios celebrando o día de anos

Publicado por nigran o 17 de Abril do 2012

Este pasado venres os exipcios volveron  festexar ao grande, pois Naiara e Maino estaban de día de anos. Fixeron tres anos e, coma sempre, o confetti o baile non faltaron.

Exipcios de festexo

Publicado por nigran o 2 de Abril do 2012

Os desta aula non paran de celebrar aniversarios e, claro, fanno ao grande pois tanto o confetti, a música e a piñata son ingredientes para que os seus festexos sexan moi coñecidos nesta escola. Manuel  non  esquecerá este venres por moito tempo.

Os Exploradores de festexo

Publicado por nigran o 30 de Marzo do 2012

Este venres os da aula dos Exploradores celebraron ao grande os dous anos de Lucas; con confeti, música e moita diversión pois a ocasión o merecía. Ollade  que ben o pasamos.

Aniversario na aula dos Exipcios

Publicado por nigran o 27 de Marzo do 2012

Os desta aula voleron estar de celebración. Houbo que celebrar os tres anos de Brezo e fixémolo, coma sempre, con moito confetti e con moita música. A diversión estivo asegurada este venres, foi apoteósico. Só tedes que botar unha ollada.