Arquivo da categoría 'Aniversarios'

“Decoración de colgadoiros”

Publicado por nigran o 7 de Setembro do 2010

O segundo día do periodo de adaptación, non choramos ningún de nós, porque para iso viñemos acompañados polos nosos familiares, que traballaron arreo nestes exames de setembro, e que quitaron moi boa nota na asignatura de “decoración de colgadoiros”. Querédelo comprobar?, pois ollade as fotos.

XOGANDO CO LÉXICO: NOCA

Publicado por nigran o 30 de Agosto do 2010

A  palabra que escolleron as profes dos Unicornios,

Maribel e Bárbara,  para esta semana é:

NOCA




XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 30 de Agosto do 2010

A palabra que escolleran a semana pasada

as profes dos Trasnos, Zaida e Tamy, era CEROLLO,

e vén sendo:

1 s m Froito en drupa do abruñeiro, de cor azul escura, forma arredondada, superficie pruinosa e sabor amargo.

2 s m Excremento humano sólido e con forma cilíndrica.

SIN: abruño, ameixa brava, cerello, cirolo.

COMEZA A CONTA ATRÁS: 3, 2, 1, 0….

Publicado por nigran o 27 de Agosto do 2010

Na escola de Nigrán estamos cos últimos preparativos para comezar o novo curso 2010/11. Este ano viaxamos pola galaxia e nos convertemos nos habitantes de diferentes planetas: Saturno, Venus, Marte, Mercurio e Xúpiter.

Nesta galaxia, na que podemos atopar planetas, unha cidade galáctica, cohetes, extraterrestres, astronautas, e sobre todo moitas estrelas…, xa está todo preparado para dar a benvida aos novos habitantes; os únicos requisitos son ser menor de tres anos e ter moitas ganas de aprender, xogar e pasalo ben.

Durante este mes de agosto, e aproveitando que había menos crianzas, dispuxémonos, nunha actividade febril, a decorar a nosa escola para que todo estivera a punto.

Benvidos á galaxia de Nigrán!!!!

XOGANDO CO LÉXICO: cerollo

Publicado por nigran o 25 de Agosto do 2010

A palabra desta semana, cerollo, escollérona as profas dos Trasnos, Tami e Zaida.

Se sabedes o que é, deixade unha anotación neste blog ou escribide unha nota para deixar na Caixa das Palabras da Escola.


Obradoiro de escuma.

Publicado por nigran o 24 de Agosto do 2010

E o pasado venres, tocoulle a quenda ó último obradoiro: o de escuma. Primeiro fixémolo o grupo de 0-2 e, posteriormente, o grupo de 2-3.

Previamente, as nosas profes e as nosas PSX encheron o patio de tinas con auga. Logo, engadiron glicerina e bateron moi pero que moi forte durante un anaquiño para conseguir facer unha morea de escuma. Ademais, tamén puxeron bandexas para poder xogar a trasvasar a escuma dun lugar a outro.

Cando estivo todo disposto tan só quedaba que nós deramos renda solta ós nosos xogos e a nosa imaxinación. E sabedes que?. Tamén había pompas de xabrón!!.

Cando chegou a quenda dos maiores da escola, había outra sorpresiña máis: nunhas mesas había vasos cheos de auga cun pouco de glicerina para que fixeramos pompas soprando con palliñas. Ó principio parecía algo difícil, pero despois descubrimos que era moi sinxelo. Ademais as nosas profes botábanlle unhas gotiñas de colorante para que a escuma que saía dos vasos fora de cores!!.

Obradoiro de papel

Publicado por nigran o 24 de Agosto do 2010

Seguimos cos obradoiros na escola. Tocoulle a quenda ao do papel, aproveitando case todos os murais que fixeron os nen@s durante o curso escolar, xa que estamos poñendo a nova decoración. Iso si que é reciclaxe, porque o obradoiro foi todo un éxito, onde xogaron, fixeron voar, racharon, escondéronse…ademais de ser moi colorido.

Utilizamos a aula da sesta de 1-2; primeiro foron os nen@s de 0-2 e logo tocoulle a quenda aos maiores, que quedaron abraiados co que se atoparon.

E colorín colorado, despedimos os nosos traballos e demos a benvida ás novas experiencias.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 20 de Agosto do 2010

A palabra que escolleran as profes das Fadas, Tania e Lidia, para xogar connosco esta semana era:

Peto:

peto2 s.m. Paxaro que cría nos troncos vellos das árbores, nas que pode verse en posición vertical apoiándose no rabo, para capturar larvas, insectos, etc., baixo a cortiza, e do que existen diversas especies entre as que as máis comúns son, unha, de tons verdosos, e outra, branca e negra. O voo ondulado dos petos.

Obradoiro de xeados!!.

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

Onte tivemos na escola un obradoiro ben fresquiño e ben saboroso: un obradoiro de xeados!!.

As nosas profes encargáronse de conxelar o día anterior recipientes cheos de cousas deliciosas: uns tiñan chocolate, outros tiñan zume e ata había algúns con sorpresa no seu interior, pois eran de iogur con anaquiños de froita dentro.

Como vos poderedes imaxinar encantounos este obradoiro e xa estamos desexando que as nosas profes nos soprendan con outra actividade así de gastronómica.

Experimentando con pintura de cores!!

Publicado por nigran o 17 de Agosto do 2010

O xoves 12, fixemos un obradoiro de pintura cos nen@s da escola. Gozaron da diversidade de sensacións, tanto táctiles como visuais,  que se ofertaron este obradoiro. Había moitas cores: laranxa, verde, amarela, branca, negra, azul, vermella…e con elas plasmamos un libre debuxo no papel continuo pegado nas mesas; tocamos,golpeamos, salpicamos, pintamos partes do corpo como a cara e os brazos coa témpera.

Así de colorido quedou o noso obradoiro!!!