Arquivo da categoría 'Aniversarios'

Obradoiro do vento

Publicado por nigran o 26 de Outubro do 2011

Nestes días, estamos a aprender moitas cualidades do outono, que o fan distinto ás demáis estacións. Unha delas é o vento.

Podemos saír á rúa a escoitar o seu son e sentilo nas nosas meixelas, pero os nenos da aula dos Romanos descubriron diferentes maneiras de “facer” vento.

Para isto usaron un abano e un secador de pelo. Sentiron o “vento” no seu corpo, e tamén fixeron voar confeti.

Que divertido pode ser o vento!

Gille está de días

Publicado por nigran o 20 de Outubro do 2011

Este venres pasado tocoulle cumprir anos a Guille que xa é moi maior, porque dous anos non son calquer cousa. A troula que se armou foi grande!

Aniversario de Álvaro

Publicado por nigran o 19 de Outubro do 2011

Na aula dos Romanos festexouse de novo un aniversario. Esta vez foi o de Álvaro, que xa ten un aniño!

Soprou a candea, e gozaron todos xuntos dunha boa festa onde xogaron con moito confeti!

Moitos parabéns Álvaro!, desexámosche que este ano te brinde experiencias marabillosas.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 17 de Outubro do 2011

A palabra desta semana, trebello, escolleuna Pili, que viu á nosa escola a substituír a Tami nas súas vacacións.

Grazas Pili, por xogar connosco

...de carpinteiro
…de carpinteiro
de albanel

de albanel

informático

informático

Aniversario na aula dos Romanos

Publicado por nigran o 11 de Outubro do 2011

Os cativos da aula dos romanos están de noraboa, pois o pasado venres festexaron o primeiros aniversarios dalgún dos seus compañeiros.

Os afortunados foron Xandre e Juana, que cumpriron o seu primeiro aniño. Moitos parabéns!

Fixeron unha festa por todo o alto: comeron gusanitos, beberon zume, xogaron con confeti, e bailaron sen parar.

Moitos parabéns Xandre e Juana!, estamos encantadas de mirarvos medrar.

Mirade que ben o pasaron!

JUANA

XANDRE

Anxo cumple o seu segundo ano

Publicado por nigran o 3 de Outubro do 2011

Os nenos dos celtas   fextexaron este venres o aniversario do seu compañeiro. A troula non deu rematado até a hora do xantar. Ollade…

Os Celtas volven festexar dous aniversarios

Publicado por nigran o 26 de Setembro do 2011

Nayara e Sergio pasárono en grande polo seu segundo aniversario. Só tedes que ollar…

Parabéns nen@s!!

Celebrando o noso segundo aniversario na aula dos Celtas

Publicado por nigran o 19 de Setembro do 2011

Este venres celebramos, cunha gran festa, os aniversarios de Lara, Bruno e Lucía. Pasámolo moi ben cos petiscos, o zume e, sobre todo, con moita música e moito baile . Aí vos vai unha mostra da nosa festa.

LARA

COS NOSOS COMPAÑEIROS

BRUNO

LUCÍA

Facemos un circuito no salón

Publicado por nigran o 15 de Setembro do 2011

Onte, os nenos exipcios e celtas, traballamos a psicomotricidade con cordas, subindo polas escadas e baixando por elas; pero para que vexades como foi todo aí, amosámosvos un chisquiño de todo o que fixemos.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Publicado por nigran o 31 de Agosto do 2011

Familias:

Deixámosvos aquí un enlace período de adaptación-1 para que consultedes o período de adaptación para este novo curso que comeza.

Un saúdo cordial para as novas familias e, como non, para as que continúan connosco un ano máis.