Arquivo da categoría 'Aniversarios'

Aniversario de Guille

Publicado por nigran o 7 de Febreiro do 2012

Outro Troglodita está de noraboa, pois festexou o seu primeiro aniversario!

Moitos parabéns Guille!, que maior te estás facendo!

Fixemos unha festa e pasámolo en grande. Soprar a candea tamén foi toda unha experiencia!

Música, confeti…Beeeeeeeeen!, estamos desexando xa festexar outro aniversario!

Os Exipcios volven estar de festa

Publicado por nigran o 3 de Febreiro do 2012

Este xoves tocou celebrar ao grande os 3 anos de Andrea.

Pero que festa máis divertida! e con todos os ingredientes dunha boa festa: soprado de velas dunha espectacular tarta, degustación culinaria, e baile ininterrumpido. Como se merece!

Aniversario de Teo e de Vera

Publicado por nigran o 20 de Xaneiro do 2012

Menuda festa montaron os Viquingos, pois estiveron de aniversario Teo e Vera, que xa cumpriron 2 anos!

Festexárono ao grande comendo, bebendo e sen parar de bailar entre moito confeti.

Moitos parabéns chicos!, que maiores vos estades facendo!

Parabéns Alejandro!

Publicado por nigran o 17 de Xaneiro do 2012

Con que ilusión vivimos na aula dos Trogloditas o aniversario de Alejandro! E é que foi el o primeiro en cumprir un ano!

Festexámolo ao grande: comemos, escoitamos música, cantamos, etc.

Moitos parabéns Alejandro!, estamos encantadas de festexar contigo este gran acontecemento.

Os Romanos están de festexo

Publicado por nigran o 22 de Decembro do 2011

Os desta aula pasaron un aniversario moi divertido. Desta volta tocoulle a quenda a Martín. A celebración cos seus compañeiros foi divertidísima e, de tanto confeti que empregamos nos nosos xogos, aquilo parecía un estanque  de folerpas de neve, polo que nos puxemos a recoller con gran entusiasmo e habilidade.

Os Celtas volven estar de festexo

Publicado por nigran o 25 de Novembro do 2011

Que gran festa foi a de este venres, cada vez  imos facéndonos máis maiores e cumprindo moitos anos. A  homenaxeada, que gozou ao máximo, foi Ainhoa. Só tedes que observalo.

Juana camiña!

Publicado por nigran o 18 de Novembro do 2011

Os Romanos están contentísimos, pois outra nena soltouse a camiñar ela soíña.

Moi ben Juana!!, que maior te estás facendo!!

Segue así!!

Xiana está de día de anos

Publicado por nigran o 11 de Novembro do 2011

Pero que festa tan animada!, que ben o pasamos!! pero,  a quen lle tocou desta volta? Pois  foi a Xiana, a  dos Celtas, que xa fixo dous anos e  celebrouno con todos os seus compañeiros e profes.

Os Exploradores festexando o día de anos

Publicado por nigran o 4 de Novembro do 2011

E esta vez, a quen lle tocou?  Sabédelo?  Pois foi a Hugo, que fixo o seu primer ano, e celebrámolo por todo  alto…

Os Celtas volven a estar de aniversario

Publicado por nigran o 27 de Outubro do 2011

Este xoves Ángela cumpriu dous aniños e a troula que se armou foi de coidado. Para que vexades o ben que o pasou celebrando o seu día de anos xunto cos seus compañeiros, deixámosvos aquí a testemuña gráfica.

E COS MEUS COMPAÑEIROS