Arquivo da categoría 'OBRADOIROS'

Obradoiro do chocolate

Publicado por nigran o 1 de Febreiro do 2012

Chegou o gran día do obradoiro de chocolate!, encántanos degustalo e, aínda que nos enzoufemos ata un grao indescriptible e manchemos todo o que atopamos ao redor, gozamos ao máximo con semellante manxar.

Primeiro, as profas, ensináronnos o chocolate en onzas, tanto de cor branca coma negra e explicáronnos que podiamos derretelo con moito caloriño na cociña.

Despois, miramos como se volveu líquido; e xa nos encamiñamos para metérmonos mans á obra. Degústamolo, manipulámolo, fixemos trasvases dunhas cuncas a outras, e incluso pintamos con el!

Mirade que experiencia máis marabillosa!

Nenos/as de 0-2 anos:

Nenos/as de 2-3 anos:

Aula da tarde (0-2):

Degustación da xelatina

Publicado por nigran o 25 de Xaneiro do 2012

Chegou o día de manipular e saborear as xelatinas que fixemos coas nosas profas o día anterior: xelatina de limón, kiwi, fresa, etc.

Misturaramos auga quente con distintos materiais como alimentos (froitas, fabas, noces…), ou outros que empregamos na aula como cubos, siluetas de animais, etc; despois a deixaramos gardada ao fresquiño .

Así que, por fin, tocou darlle unha probadiña, ademais de manipular esa textura tan divertida, que aínda que nos pringa un pouco, encántanos enzoufarnos en ela.

Mirade que marabilla!

Xelatina en po

Publicado por nigran o 25 de Xaneiro do 2012

Tocou descubrir, esta vez, uns polviños de cores que parecían máxicos pois, ao botarlles auga, cambiaban de cor. Dixeron as profas que eran pos de xelatina.

Que ben o pasamos manipulándoos e probando os seus sabores. Había moitos diferentes: de fresa, limón, kiwi…

E, os maoires do cole, ata tivemos a sorte de gozar con “Suca-Suca” que nos tivo encantados coas súas explicacións.

Mirade que ben o pasamos!

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 26 de Decembro do 2011

A palabra desta semana, bruar, escollérona as profes dos Celtas.

Se sabedes o que é, deixade un comentario a esta anotación ou un escrito na “Caixa das Palabras”.

Obradoiro de maxia!

Publicado por nigran o 14 de Decembro do 2011

O pasado venres tivemos unha sorpresa moi especial: a visita dun mago!

O mago “Willow”, e a súa axundanta Olalla, deleitáronnos cun espectáculo que nos fixo entrar nun mundo máxico cheo de sorpresas e fenómenos inexplicables.

Conseguiron, coas  súas palabras máxicas “Abra cadabra, chis-plás!, que a auga se tinxira de cores, que un globo “camiñara” soíño, que unha moeda e unha carta desapareceran, pero, o máis impresionante foi que fixeron desaparecer unha persoa!

Que divertido foi! Esperamos que nos visiten noutra ocasión.

Aquí tedes unha mostra do seu espectáculo.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 8 de Novembro do 2011

A palabra desta semana, feluxe, escolleuna Mario, que está a facer as prácticas do ciclo superior de Educación Infantil na nosa escola.

Grazas, Mario, por participares en todas as actividades da escola e pola túa boa disposición e empatía.