Arquivo da categoría 'OBRADOIROS'
Publicado por nigran o 8 de Abril do 2013
Nesta ocasión visitounos o padrasto de Gorka, Roberto, que traballa no exército, é militar!
Explicounos moitísimas cousas, e falounos da importancia que ten ter amigos en cada lugar do mundo. El garda moitos recordos de países nos que estivo traballando e tamén dos amigos que se foi atopando o longo da súa vida.
Trouxo á escola moitas cousas que emprega no seu traballo. Diferentes uniformes (con todos os seus complementos), mochilas, compás, gorros, saco de durmir, cantimplora, costureiro, pintura para sinalizar perigos…amosounos moitísimas cousas!


…incluso nos deixou probar unha medalla moi importante para o seu traballo…a medalla que o identifica co seu nome, grupo sanguíneo e alerxias!


















Publicado en AULA ABELLAS, AULA BOLBORETAS, AULA FORMIGAS, AULA XOANIÑAS, CURSO 2012/2013, OBRADOIROS | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 22 de Marzo do 2013
Ao día seguinte de preparar as masas das pizzas fomos todos para o salón e alí, a profe Lidia, fíxonos unha pequena demostración de como cada crianza podía montar a súa pizza…


…e logo foron os nenos e nenas quen nos mostraron as súas dotes de cociñeiros, montándoas cos diferentes ingredientes: queixo, tomate, xamón, champiñóns e ourego.
Tras pintar as pizzas co tomate… cada crianza utilizou os ingradientes que creeu necesarios.




Unha vez rematadas foron ao forno e levámolas para a casa…



…pero, antes diso, estivemos comendo da que preparou a profe Lidia.
Estaba de vicio!!!




Por outra parte, os pequechos e pequechas do cole tiveron o seu propio obradoiro. Coa axuda das profes, crearon unhas bonitas pizzas.


Publicado en AULA ABELLAS, AULA BOLBORETAS, AULA FORMIGAS, AULA SALTÓNS, AULA XOANIÑAS, CURSO 2012/2013, OBRADOIROS | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 21 de Marzo do 2013
Os distintos grupos da escola estiveron a xogar e experimentar con fariña. A idea deste obradoiro parte do feito que os nenos e nenas deben coñecer o material e estar familiarizados coas texturas, sabores, etc. dos distintos materiais que se ían usar nos seguintes obradoiros, como o da masa de pizza. Tratábase, ademais, de manipular e coñecer as características da fariña, de que se familiarizaran con ela e non lles resultase estraña.
As Xoaniñas e as Abellas realizaron xuntas a actividade. Observade que ben o pasaron!




Os bechiños da tarde realizaron a actividade en cueiro, podendo sentir co corpo a suavidade da fariña e ver como eles mesmoscambiaban de cor, volvéndose brancos branquísimos.



Os bebés da escola, OS SALTÓNS, manipularon a fariña coas súas mans…






As FORMIGAS desfrutaron cociñando fariña mesturada con garavanzos, lentellas e espaguettis…

















As BOLBORETAS traballaron a psicomotricidade fina e o tacto da fariñña nas súas mans, escollendo garavanzos e lentellas entre a fariña e meténdoos en botellas…








Publicado en AULA ABELLAS, AULA BOLBORETAS, AULA FORMIGAS, AULA SALTÓNS, AULA XOANIÑAS, BECHIÑOS DA TARDE, CURSO 2012/2013, OBRADOIROS | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 14 de Marzo do 2013
Despois de traballar coa pasta crúa nas aulas, as profas programamos un obradoiro de pasta cocida no salón… Neste obradoiro participaron todos os cativos, dende os máis pequeniños ata os máis maiores! Todos desfrutaron moito coa actividade!
Primeiro, as profas Tamara e Tami, mostráronnos os tipos de pasta que alí tíñamos… incluso había pasta de cores moi raras…




Despois, as profas Sisi, Olalla e Marián cantaron a canción do “Tallarín”

e, finalmente, a manipular e degustar a pasta! Incluso cos pés!
























Os bechiños da tarde tamén tiveron a súa propia sesión, na que xogaron, comeron, tiraron,…


Publicado en AULA ABELLAS, AULA BOLBORETAS, AULA FORMIGAS, AULA SALTÓNS, AULA XOANIÑAS, BECHIÑOS DA TARDE, CURSO 2012/2013, OBRADOIROS | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2013
Unha vez que experimentamos coa xelatina en po, despois de esperar un día enteiro, chegou o gran momento…
A xelatina do día anterior tornou ao estado ao que estamos máis acostumados a ver. Os nenos e nenas estiveron a manipular, probar, xogar,… en definitiva a experimentar con xelatina xa elaborada.
Ao principio custóulles un pouco, xa que esta era brandiña e húmida, pero unha vez que se acostumaron todo foi moito máis fácil. Probaron a cortala, aplastala, metela na boca e comprobar que era de sabores, untala pola cara e, incluso, o pelo…
En definitiva, como case sempre, unha vez decididos a experimentar, pasárono en grande descubrindo eses “grandes misterios” que parece gardar o mundo que os rodea.
SALTÓNS


XOANIÑAS


ABELLAS



FORMIGAS E BOLBORETAS


…asi foi como quedaron os animaliños de xoguete “capturados” na xelatina neutra!




















Publicado en AULA ABELLAS, AULA BOLBORETAS, AULA FORMIGAS, AULA SALTÓNS, AULA XOANIÑAS, BECHIÑOS DA TARDE, CURSO 2012/2013, OBRADOIROS | Sen comentarios »