Decorando un coche

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, AULA 3 VIQUINGOS, CURSO 2011/2012 o 16 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Aos Trogloditas e aos Viquingos, encántannos os coches, polo que nos puxemos mans á obra e creamos os nosos propios vehículos.

Os Trogloditas pintamos un con ceras de cor azul, e despois, por primeira vez, pegámoslle uns gomets coa axuda das nosas profas.

Os Viquingos, tamén decoramos un con gomets de cor vermella, xa que temos esta técnica máis perfeccionada.

Mirade que chulos!

TROGLODITAS

VIQUINGOS

Había unha vez un barquiño…

Publicado por nigran en AULA 2 ROMANOS, AULA 3 VIQUINGOS, AULA 4 CELTAS, AULA 6 EXPLORADORES, CURSO 2011/2012 o 16 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os Viquingos descubrimos un medio de transporte moi especial, xa que flota na auga: o barco!

Tivemos a oportunidade, na nosa aula, de vivir esta experiencia; puxemos uns barquiños de xoguete a flotar na auga e, efectivamente, non se afundían!

Pasámolo de marabilla con esta experiencia, mirade!

O apaixonante mundo das motos e os coches

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, CURSO 2011/2012 o 16 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Seguindo cos medios de transporte, os Trogloditas, tivemos unha experiencia moi emocionante: andivemos en coches e en motos!

Xa somos uns mozos que nos subimos soíños a estas réplicas verdadeiras, e ademais estamos aprendendo algunhas normas de circulación.

Botade unha ollada!

Pintando un tren multicolor

Publicado por nigran en AULA 4 CELTAS, AULA 5 EXIPCIOS, AULA 6 EXPLORADORES, CURSO 2011/2012 o 15 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Algunhas aulas, logo de ser uns bos coñecedores dos medios de transporte, tivemos a idea de plasmar algún deles en imaxes e con pintura de dedos. O resultado foi moi gratificante.


CELTAS

EXIPCIOS

EXPLORADORES

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran en 1 PERÍODO DE ADAPTACIÓN, ANIVERSARIOS 2011/2012, AULA 1 TROGLODITAS, AULA 4 CELTAS, AULA 5 EXIPCIOS, CURSO 2011/2012, XOGANDO CO LÉXICO o 14 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

A palabra desta semana, feo , escollérona as dos romanos, Conchi e Marián.

Se sabedes o que é, deixade un comentario a esta anotación ou un escrito na Caixa das Palabras.

Os dos Celtas e mais os dos Exipcios de excursión

Publicado por nigran en AULA 4 CELTAS, AULA 5 EXIPCIOS, CURSO 2011/2012 o 10 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Este venres, os destas aulas, estaban desexando saír da contorna habitual e,  acompañados polas súas profas e con algúns  pais, saímos ao Froiz ao ritmo da cantiga “Imos de Excursión”. E todos agarrando a corda como tiñamos ensaiado, chegamos ao super.  Alí  nos explicaron con detalle que había distintas seccións  e artigos expostos en cada unha delas, coma os da de peixería, charcutería, carnicería, etc… Botade unha ollada ao noso primeiro percorrido dende a Escola. Encantounos.

CELTAS

EXIPCIOS

O noso mercado

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, CURSO 2011/2012 o 10 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os Trogloditas tamén quixemos facer o noso propio mercado. Enchemos a nosa aula con diversos produtos e puxémonos a manipular.

Que divertido!, cantas cousas diferentes podemos atopar!. Cando sexamos máis maiorciños iremos nós a mercar o que máis nos guste.

Fóra cueiro!

Publicado por nigran en AULA 3 VIQUINGOS, CURSO 2011/2012 o 10 de Maio do 2012 |  1 comentario »
Etiquetas:

Que maiores se están a facer os Viquingos; un deles, Gorka, xa non leva cueiro!

Que contento vai ó baño, e que divertido é tirar da cisterna!

Noraboa campión!, cal será o seguinte logro?

Clasificando os productos do mercado

Publicado por nigran en AULA 5 EXIPCIOS, CURSO 2011/2012 o 9 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

Os dos Exipcios, cos coñecementos do super xa moi claros, puxémonos no labor de clasificar por seccións . E seguimos unha orde precisa xa que  había que pegar na sección que lle correspondía; as máis destacadas foron a peixería, a carnicería e a charcutería.

Aniversario de Martín

Publicado por nigran en AULA 1 TROGLODITAS, Aniversarios, CURSO 2011/2012 o 9 de Maio do 2012 |  Sen comentarios »
Etiquetas:

O Troglodita máis pequeno, Martín, estase a facer todo un “chico” maior, pois acaba de festexar o seu primeiro aniversario;

Moitos parabéns Martín!!, en breve estarás corricando pola aula.

A festa foi do máis divertida, non faltou de nada: comida, bebida, música e confeti.

Botade unha ollada!