Obradoiro de auga

Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2011

Os nenos e nenas da escola tiveron, hai uns días, un obradoiro que, sen dúbida, lles gustou a todos!

As profes da escola pensaron en facer un obradoiro de agua e foi toda unha experiencia. Participaron todas as crianzas da escola en diferentes días; así que, despois de que cada aula tivera o primeiro contacto coa auga, pasamos ao patio, onde atopamos piscinas cheas de auga, tinas, esponxas, vasos, funís ,cuncos, bandexas, e ata mesas de auga!!

Pasámolo xenial xogando coa auga e  transvasándoa a diferentes recipientes!!

Aproveitamos para voltar a agradecer  ao AMPA e a colaboración de todos os pais e nais, por mercarnos este material tan estupendo.

Auga nas aulas

Publicado por nigran o 8 de Xullo do 2011

Aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas da Escola Infantil de Nigrán farán uns obradoiros de auga; e para ter unha primeira toma de contacto con este elemento, nas aulas comezaron a traballar con ela.

En bandexas ou outros recipientes, as crianzas poideron gozar deste líquido e descubrir como algúns obxectos flotan, mentres que outros se afunden.

Tamén practicaron o soprar con palliñas e, ao botar xabrón, experimentaron a marabillosa sensación de facer pompas.

Que divertido e máxico isto da auga!!

Actividades refrescantes!

Publicado por zaida_nigran o 8 de Xullo do 2010

Neste mes de xullo tan soleado, na nosa escola estamos a traballar o tema “Que calor vai!” Por eso realizamos obradoiros e actividades moi refrescantes.

O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto coa auga.

Despois fomos engadindo distintos utensilios e recipientes para que puideramos experimentar, trasvasar…

e ata pintamos nas paredes coa auga!


Noutras sesións nas aulas e nos patios xogamos con pompas de xabón e ata fixemos espuma!




Descubrindo as esponxas!

Publicado por nigran o 6 de Agosto do 2009

Nestes días andamos a experimentar coa auga e con novos elementos. Que divertidas son as esponxas!

Os Cabaliños e os Golfiños refréscanse

Publicado por nigran o 20 de Xullo do 2009

Así foi como os nenos e nenas de 1-2 refréscaronse no patio xogando coa auga.

Os nen@s da Unidade da Tarde con auga e area.

Publicado por nigran o 12 de Marzo do 2009

Os nen@s da Unidade da Tarde pásano moi ben xogando coa auga e a area.

Os barcos na auga, as palas e os coches na area.