Camiñando cara á autonomía

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2010

Estes días andamos a aprender a “recoller a mesa”.

Ao primeiro era un pouco complicado saber

se facía falta o garfo ou a culler, e onde se recollía

a louza suxa ou onde gardabamos os babeiros;


pero, pouco a pouco, estamos aprendendo e

cada vez nos equivocamos menos.

Isto de comer de autoservicio é fenomenal.

Tan pronto acabamos un prato, xa podemos ir a buscar o seguinte.

E xa non vos conto que contentos imos buscar a sobremesa.

Noraboa Dani!!

Publicado por nigran o 25 de Xaneiro do 2010

Despois duns días de intento, Dani ( aula de Meigas) xa camiña por todo o cole; aínda lle costa un pouco pero o está a facer moi ben. NORABOA!!