Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009
Lucas, da clase das Caracolas, cumpriu 3 anos. Festexámolo todos xuntos comendo, bebendo e facendo unha gran festa.
Lucas pasouno moi ben, e por suposto os seus compañeiros agasalláronno cunha postal feita por eles mesmos e coa súa felicitación.



Etiquetas: Aniversarios, Caracolas
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009
Como estivemos a traballar o tema de Galicia, ¿como nos íamos quedar sen facer o Camiño de Santiago?
Ollade que peregrinos máis valentes temos que fan o camiño nun abrir e pechar de ollos.
Subiron e baixaron montañas, atravesaron ríos, pasaron por debaixo de pontes, etc…
Etiquetas: Caracolas, Estreliñas, psicomotricidade
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 9 de Xullo do 2009
Rodrigo, da aula das Caracolas, cumpriu 3 anos o pasado 1 de xullo.
Pasouno moi ben cos seus compañeiros; cantaron, bailaron e xogaron.



Moitos parabéns Rodrigo!!!
Etiquetas: Aniversarios, Caracolas
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 24 de Marzo do 2009
Uxía, de Caracolas, fixo 3 anos. Xa é moi maior.
Os seus compañeiros/as fixéronlle unha postal e unha gran festa.
Parabéns Uxía!!!





Etiquetas: Aniversarios, Caracolas
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »