A cociña

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2011

O tema “somos cociñeiros”  préstase para moitas actividades interesantes. Nesta ocasión, tódolos nenos e nenas do cole, fixeron unha entretida visita á cociña, lugar máxico onde se elaboran todos os manxares do cole e que está cheo dunha morea de utensilios estraños e fascinantes.

Marga, a nosa cociñeira, foi moi amable e nos explicou algunhas cousas.

Canto aprendemos!!

Somos cociñeiros!!

Publicado por nigran o 24 de Febreiro do 2010

Pasado o Entroido, comezamos cun novo tema: “somos cociñeiros”!!; nos primeros días de tema non podía faltar a visita á cociña da escola. Dividímonos por aulas e alí fomos, a que Ana nos ensinara todo o que alí se pode atopar: forno, neveira, plancha, microondas, potas… O máis divertido que nos atopamos foi o funil, pola súa cor verde e poloxogo que daba.