O parrulo feo

Publicado por nigran o 27 de Abril do 2010

Na aula de Meigas, traballamos co conto ” O parrulo feo”, gustounos moito xa que tiñamos patiños de goma para xogar con eles e escenificar mellor o conto. Tamén utilizamos un conto con imaxes e aprendemos a facer o son do pato.

Primeiro pintamos o estanque do cisne con témpera azul, os patiños  p¡ntámolos con ceras amarelas ( os bebés con témpera) e ao cisne pegámoslle anacos de papel seda branco.

Os patiños saíron dos ovos, por iso fixemos un obradoiro con eles;  démonos conta que dentro deles había sorpresas diferentes, xa que algúns estaban cocidos e outros eran de xoguete.

E colorín colorado…. o parrulo feo converteuse nun cisne precioso.

“A casiña de chocolate”

Publicado por nigran o 26 de Abril do 2010

Con motivo do día do libro, o 23 de abril estamos a traballar na escola o tema “Había unha vez…” relacionado cos contos. Na aula de Trasnos están a traballar diferentes contos, un deles é “A casiña de chocolate”, tamén coñecido como “Hansel e Gretel”.

Escoitamos o conto moi atentos xa que nel aparecía unha casiña que estaba feita de chocolate e chuches e tamén unha velliña que era unha bruxa mala.

Como nos gustou tanto a casiña, fixemos unha con boliñas de papel de seda de cores, parecían caramelos.

Como o fixemos tan ben, probamos chocolate da nosa casiña máxica que nos trouxeron as nosas profas, chocolate con leite, branco e negro.Que rico!!!

Tamén aprendemos a clasificar “lacasitos” de cores, un por un metiamos o “lacasito” no seu bol correspondente.Había moitas cores: laranxa, verde, azul, vermello, marrón….

E colorín colorado… este conto está rematado.

O “Patiño Feo” na Unidade da Tarde

Publicado por nigran o 29 de Abril do 2009

Como estamos a ver os contos, os nen@s da Unidade da Tarde estiveron traballando o conto “O  Patiño Feo” (ademáis de outros).

Fixeron o estanque co cisne.

Cada un pintou un patiño  para levar para a casa.

Manipularon ovos, quentes e fríos, crús e cocidos, …

Gozaron moito xogando con patiños de goma na auga.