Un mundo de cores, un mundo de sensacións.

Publicado por nigran o 14 de Abril do 2011

Grazas á visita que tivemos nestes pasados días da Fada das Cores, o cole  encheuse de moita vida e, a través do amarelo, do azul, do verde e do vermello, poidemos sentir moitas cousas, pois a cor non só entra polos ollos, se prestas moita atención.

Aquí tedes un resumo do que as caixas e as cores fixeron nas Aulas Nigrán.

As cores visitan a aula de Venus

Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2011

Como xa comezou oficialmente a primevera, unha chea de cores visitaron a Aula de Venus e de moi diversas formas e texturas.

Os nenos e nenas deste planeta tiveron a sorte de gozar con cartolinas de cores moi vivas, onde poideron pintar e manipular plastilina, deixando voar a súa imaxinación e aprendendo unha morea.

FADA DAS CORES

Publicado por nigran o 5 de Abril do 2010

O martes 30, tivemos unha visita moi especial: A fada das cores. Estaba moi contenta porque xa recuperara todas as súas cores.


Nestas últimos días, os nen@s da escola estivemos axudando á fada a recuperar as súas cores; por iso vimos vestidos, cada día, dunha cor. Fixemos en cada aula un anaco para artellar un gran arco da vella para o noso salón. Descubrimos as cores primarias e, algún de nós, xa somos quen de diferencialas.

A fada tróuxonos máis agasallos para agradecernos a nosa axuda, ademáis das caixas máxicas que xa nos mandara. Fixo maxia e converteu a auga transparente en auga de cores cos seus pós máxicos.

Pediunos axuda para remexer as botellas con moita forza e dicir as palabras máxicas.

Tamén nos trouxo outro agasallo moi especial, ademáis do seu sorriso: confetti de cores baixo o que bailamos moito.

Os nen@s de Mundo Máxico tamén tiveron a visita da fada, á que axudaron moito estes  da tarde, facendo todo o posible para que  non se quedara branquiña para sempre.

Con esta gran festa demos a benvida á primavera e despedimos á fada cun día moi multicolor.

Grazas “Fada das cores”!!

FADA DAS CORES

Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010

Estes días estivo de visita pola nosa escola a Fada das Cores. Estaba moi preocupada porque quedara completamente branca e quería recuperar a súas cores.

Escribiunos unha carta moi interesante, na que nos convida a axudala a recuperar as súas cores marabillosas.

Se queredes consultala, premede na sequinte ligazón:

Carta da Fada das Cores