Educación vial.

Publicado por nigran o 14 de Xuño do 2010

A semana pasada estivemos traballando, dentro do tema “Paseo pola miña rúa”, os diferentes medios de transporte. Os nen@s aprendemos os sinais de tráfico máis importantes, as cores dos semáforos, o oficio de policía urbano…

Para saber se estabamos preparados para poder saír á rúa, con seguridade, cos nosos coches e motos, as profas fixéronnos un exame de conducir.

Aprobamos todos e levamos para a casa o carné de conducir da Escola.

Educación vial: Exame!

Publicado por nigran o 4 de Xuño do 2009

A semana pasada foi a nosa proba de condución, despois de traballar nas aulas cos sinais de tráfico, chegou a posta en práctica!

Primeiro as profes fixeron un percorrido polo circuito explicándonos o que tiñamos que facer.

Podiamos elexir ir na moto ou no coche .

Agardamos a que o semáforo estivera verde para arrancar…

Seguimos as direccións obrigatorias:


Paramos nos pasos de peóns:

Fixemos o Stop!

E chegamos ao sinal de prohibido, que non nos deixa continuar.

Temos que dicir, que a algúns nos costou máis que a outros…Pero ao final todos recibimos o noso carné!