Pinturas de entroido

Publicado por nigran o 10 de Marzo do 2011

Os nenos e nenas da nosa escola  pasan todo ano facendo una cousa que lles encanta: Pintar; e no entroido non ían ser menos. Pero para variar, nesta ocasión pintaron as caras.

Algúns non estaban moi convencidos e non querían oir falar de maquillaxe máis, a maioria quedaron encantados, pois verse no espello caracterizado desa maneira era unha experiencia moi singular.

CHEGOU O MECO!!!

Publicado por nigran o 23 de Febreiro do 2011

O Meco, como todos os entroidos, chegou a Nigrán.

Despois dunha votación popular, entre as familias e as traballadoras do Centro, decidiuse que, este ano, o Meco íase chamar AGAPITO!!

E chegou, coma sempre, dando ordes.

Hoxe había que vir cun chapeu.

Como veredes nas fotos, habíaos moi, moi, orixinais.

Os nenos, que non son moi dados a levar cousas na cabeza, non querían falar de quitalo. O calor non importaba nada. E que se sentían tan reguapos…

Festa de disfraces disparatados

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2010

O luns 15, tivemos que vir á escola co disfraz máis disparatado que tiñamos na casa; e alí poidemos atopar: indios, moras, xohaniñas, sevillanas, arlequíns,pintores, gatos, chineses, patos,pallasos, mexicanos, princesas, dinosauros, ….. todos eles fixeron que o bosque máxico de Nigrán se fixera máis máxico aínda.

OBRADOIRO DISFRACES CAS FAMILIAS

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2010

O martes 16, imos festexar a festa do entroido coas familias, para o que lle pedimos a súa colaboración para a elaboración dos disfraces. Dende aqui queremos agradecer a axuda que nos brindaron.

O meco di…

Publicado por nigran o 12 de Febreiro do 2010

Familias: o Meco deixou dito, no encerado da entrada,

que o luns tiñamos que vir disfrazados

do que quixeramos.

Algunha de nós vai cantar unha “ranchera”,

outr@s van facer conxuros e apócemas

e outr@s serán quen bailar samba .

Menuda mestizaxe!!

Entroido no bosque máxico

Publicado por nigran o 8 de Febreiro do 2010

Coa chegada do entroido, nas aulas de traballo do bosque, comezamos a xogar a disfrazarnos.Tamén nos maquillamos e nos puxemos diferentes perrucas.

Diante do espello intentamos identificarnos, algúns nen@s se recoñecían e outros non, tamén se miraban guapísimos, anque maquillados había quen se asustaba.

Estamos a pasalo moi ben e isto non acaba máis que comezar.

XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 5 de Febreiro do 2010

A palabra coa que xogamos esta semana,

carauta e que a escolleran as profas

dos Dragóns, é:

carauta Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< cara
port:caraça, máscara     cast: careta, carátula, máscara     ingl: mask     alem: Maske
s f Obxecto, xeralmente con forma de rostro, que se coloca na cara para tapala e non ser recoñecido.

SIN: caranta, carantoña, careta, caroza, máscara.
CFR: anteface.

Enterro da sardiña

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

Hoxe celebramos o enterro da sardiña. R.I.P.

De loito pouco rigoroso e cheos de flores, enterramos á sardiña e ao inverno, e preparámonos para recibir á primavera.

Choramos un chisco, pero de mentira.

Dirixímonos ao noso areeiro, en procesión ruidosa, a enterrar a nosa sardiña.

Merchi e os cocos

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

Hoxe visitounos Merchi, que nos preparou un batido tropical.

Como é entroido vestímonos ao xeito das illas do sur. Estabamos ben guap@s

Axudámoslle a bater o iogurt co zume e a adornar os vasos.

Probamos o coco e pasámoslle a man por riba. Parecía que tiña pelo, anque era máis duro que o do can ou o do gato.

E primeiro probamos un pouquiño, pero logo bebemos e repetimos. Que bo estaba!!

Manipulamos o coco e probámolo.

Preparamos o batido con axuda.

Mirade que boa presentación, todo grazas a Merchi.

Servimos o batido e… a bebelo todiño!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Gran festa de Entroido!

Publicado por nigran o 25 de Febreiro do 2009

O venres 20 foi a nosa festa do entroido. Ollade que guapiños iamos todos.

Os augamares:

Golfiños e Cabaliños de piratas:

Estreliñas e Caracolas de mergulladores:


As familias participaron activamente cantando, bailando, levando aos nenos de pasarrúas…

E  nós  agasallámoslles cunha das nosas actuacións, amais de animar o pasarrúas a golpe de pandeiretas.


Murga de Nigrán

O entrares en Nigrán

O primeiro que se ve

E a galescola aberta

E os nenos pasandoo ben.

Lailala lalalalalaila…

Os nenos de augamares

Eses si se portan ben

Non como os das outras aulas

que sempré andan a cen.

Lailalá lalalalalaila…

Os nenos da galescola

Cando perden a chupeta

Poñense a berrar de tolos

E a profe perde a chabeta

Os Golfiños de Nigrán

Cando van ao comedor

Nunca se sentan nas tronas

Sempre andan ao redor.

Os Cabáliños de Mar

Cando van durmir a sesta

Non agochan a cabeza

e fan unha boa festa

….

E as nosas Estreliñas

Aínda que son revoltosas

Damolles bicos e apertas

porque son marabillosas.

Os maiores da escola

sonche os de Caracolas

chéganlle aos picaportes

E abren as portas todas

Na escola pola tarde

hai un grupo singular

cantan, merendan e pintan

e non paran de xogar