Coas mans na masa

Publicado por nigran o 28 de Xaneiro do 2011

Seguindo co tema dos cociñeiros, e como xa fixeron outras Aulas, son os nenos e nenas da Galaxia da tarde, os que nesta ocasión se puxeron mans á masa e se enfariñaron hasta arriba, experimentando e manipulando fariña con algunha que outra sorpresa polo medio.


Seguro que de aquí sae algún pasteleiro!!

Que suave é a fariña!!

Publicado por nigran o 8 de Marzo do 2010

Nestes días estamos preparando un obradoiro para facer pan, por iso, antes de amasar, imos  coñecer o ingrediente máis importante desta elaboración: a fariña.

Nas aulas, coñecemos as diferentes sensacións: a súa textura, sabor, suavidade e lixeireza. O noso obxectivo era realizar diferentes accións con ela: espallar, amontoar, soprar, grafar, masaxearse…ademais de identificar o proceso de transformación que se produce coa mezcla fariña-auga; e con elo descubrir o amasado, modelado, estirado, pegado…

Cantas cousas aprendimos coa fariña, e que branquiños quedamos ó acabar a sesión!!

Pasámolo en grande con tanta fariña!!. Ollade, ollade…