Festa pirata!!

Publicado por nigran o 6 de Xullo do 2012

Parece mentira pero, hai uns días, festexamos o fin de curso!, como pasa o tempo!

A temática deste ano foi “festa pirata”, así que todos/as preparamos os nosos garfos e parches e lucimos as nosas mellores galas.

Os cativos agasalláronnos cunhas magníficas actuacións, pero non foron os únicos!, todo o equipo de Nigrán dispúxose a bailar “O pirata cando baila…”

O momento máis emotivo da festa chegou cando tivemos que despedirnos dos máis maiores, que comezarán unha nova aventura nos seus respectivos coles. Non esquezades  virnos a visitar!, E moitas grazas ás familias por colaborar sempre con nós durante estos cursos.

Pensades que non aconteceron máis cousas nesta festa?, pois estades equivocados! Os membros da Anpa e demáis pais, prepararon uns magníficos pinchos!, moitas grazas papis!

E para rematar a festa sabedes que? Os bombeiros de Nigrán preparáronnos unha festa da espuma no patio!, moitas grazas tamén pola vosa colaboración! E aínda por riba acabamos dándonos un boretazo nas nosas piscinas, vamos, que o pasamos de marabilla!

Non deixedes de botar unha ollada! Xa estamos pensando a temática do ano que vén!

Mirade cantos piratas asistiron!