probando, probando

Publicado por nigran o 20 de Marzo do 2010

Os Unicornios estiveron manipulando distintas froitas. Quen di manipulando quere dicir probando, ou non se nota??

Unhas eran moi doces e  outras acedas. As laranxas tiñan moito zume, pero as mazás tiñan menos “agüiña”. Ufff, o limón…!!

xogando co léxico

Publicado por nigran o 1 de Marzo do 2010

A palabra desta semana, parva,

que escolleron as PSX’s,

ten o seguinte significado:

Parva

s f Copa de augardente ou comida lixeira que se toma a media mañá ou antes do almorzo. albaroque, …

Na escola, sobre as 10 h., tomamos a parva

O menú da parva deste mes é:

a parva

Sandías e melóns

Publicado por nigran o 23 de Xuño do 2009

Estes días andivemos a traballar con algunhas froitas desta tempada:

O melón

A sandía

Abrímolas para ver como eran por dentro.

E como non… probámolas!!