NEVA???

Publicado por nigran o 17 de Decembro do 2012

Na aula de abellas xa chegou o inverno pois a súa árbore quedou moi branca coa nevada que houbo na escola. Aínda que esta neve era quentiña e moi suave.

Tamén aos bechiños os colleu a nevada e a súa árbore se volveu algo branca.

Como en Nigrán non neva de verdade…. as Formigas pintaron folerpas de neve para decorar o cristal da súa aula!!

Cae a neve

Publicado por nigran o 9 de Decembro do 2010

Aínda que este inverno xa deixou moita neve por toda a nosa terra, en Nigrán non tivemos a sorte de vela, así que os nenos e nenas da aula de Mercurio, pintaron as súas propias folerpas para adornar o cole.


Que invernal!!

Pintamos o inverno

Publicado por nigran o 2 de Decembro do 2010

Os nenos e nenas de Saturno, aproveitando que a  calefacción do cole dá moito caloriño, espíronse para pintar roupa de inverno. Eles o pasaron de marabilla e, ao final, fixeron unhas luvas e un gorro preciosos.

Menudos artistas!!

Ben abrigadiños

Publicado por nigran o 1 de Decembro do 2010

Os máis pequenos do cole, os nenos e nenas de Saturno, tamén se prepararon para o frío, e o pasaron pipa agochándose baixo moreas e moreas de roupa de inverno e mirándose no espello!

Que ben o pasades!!

Preparados para o frío

Publicado por nigran o 1 de Decembro do 2010

Os nenos e nenas de Venus tamén se preparan para o frío. Primeiro visten a árbore da súa clase con folerpas de neve, e logo vístense eles con roupa de inverno, ah!! e pintan un gorro azul xigante para abrigarse todos.

Así non pasades nada de frío!!