Publicado por nigran o 7 de Decembro do 2011
Etiquetas: LUZ NEGRA
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 23 de Agosto do 2011
Etiquetas: LUZ NEGRA
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 20 de Maio do 2011
Despois do ben que o pasamos estes días coas luces , as lanternas , as sombras… decidimos seguir xogando pero con outro tipo de luz: ” Luz negra”. Moitos vos teredes preguntado que é iso da luz negra. Pois veredes!
A luz negra a proporcionan lámpadas que emiten luz ultravioleta;por iso sóese utilizar en ambientes escuros para resaltar algunhas cores, logrando efectos sorprendentes, pois resalta as cores brancas e as fosforescentes; por ese motivo, pedimos a todos os papis e mamis do cole que, o martes, os nenos trouxeran algo branco posto para que así poideran brilar. Foi máxico o momento de entrar na habitación preparada para este obradoiro…
As súas profes en dous días consecutivos prepararon concienzudamente a sala da luz negra con decoraciónns fosforescentes que abraiaron aos nenos; outra parte da actividade foi darlles unha pancarta branquiña esperando a ser pintada por eles con rotus fosforitos!!
Que ben o pasamos tamen co confeti fosforescente e canto aprendemos pero, sobre todo, quedounos ben sabido que a escuridade non dá nadiña de medo…
Etiquetas: fosforescencias, luz máxica, LUZ NEGRA
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 14 de Maio do 2010
Nestes últimos días, estivemos a traballar na escola a luz negra. Con ela poidemos comprobar que alumeaba a cor branca e as cores fosforescentes. Era máxico!!.






Así que, un dos días, pegamos un papel continuo no chan e nos dedicamos a pintalo con rotuladores fosforescentes. Pintámolo de rosa, de laranxa, de amarelo…, e nos quedou todo ben bonito.




Pero como nos decatamos de que brillaba tanto ca luz negra, pensamos qué acontecería se nos pintabamos as mans. E sorpresa: tamén resplandecían!!. Así que comenzamos a pintarnos un pouquiño o corpo e foi moi divertido.




O día seguinte tocoulle o turno ó confeti. Para ese día, as nosas profes preparáronnos diversas caixas cheas de tiras de papel branco e de papel fosforescente. Tamén había tiras moi longas colgadas do teito. Pasámolo de marabilla tirándonos confeti uns ós outros e baleirando as caixas por completo. E, por suposto, tamén lles tiramos confeti as nosas profes!!.




E sabedes qué máis nos tiñan preparado as nosas profes?. Unha sorpresa moi máxica: un conto que brillaba moitísimo ca luz negra. Era o conto chamado “La luna” e nos encantou.


Etiquetas: LUZ NEGRA
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »