Quen traballa no mar?

Publicado por nigran o 19 de Xaneiro do 2011

Por mor do tema do mar, que se tratou nestes pasados días, os nenos e nenas das Aulas de Mercurio e Xúpiter, descubriron cantas persoas viven do mar e algunhas das súas profesións; logo uns pegaron gomets amarelos no traxe dun pescador e os outros pintaron unha barca.

Que ben quedaron, e cantos peixes pescaron!!

Peixes e mais peixes

Publicado por nigran o 18 de Xaneiro do 2011

Os nenos e nenas da Galaxia da tarde aprenderon a diferenciar unha morea de peixes mediante os bits, porque aínda que poidan parecer todos iguais, son moi deferentes; coma as persoas.

Hainos grandes, pequenos, de moitas cores, outros moi feos, pero todos… mollados!!.

O mar

Publicado por nigran o 17 de Xaneiro do 2011

Como xa sabedes, o tema que toca nesta ocasión e “O mar”, así que todas as aulas do cole se mergullaron nun remuiño de cor azul, peixes, auga salgada e moitas outras cousas que vos iremos descubrindo.

Polo momento, as crianzas de Mercurio e de Xúpiter, pintaron un estupendo mural azul para pegar os seus peixes.

Que precioso ese mar!!

Un mar de coñecementos

Publicado por nigran o 11 de Xaneiro do 2011

Os nenos e nenas da Galaxia da tarde tamén se mergullaron no descubrimento do mar; pintaron o seu propio mar e descubriron algúns dos fantásticos seres que o habitan e as múltiples cores que invaden as profundidades mariñas.

Que estupendo!!