O xoves 13, con 0-2 anos e o venres 14 con 2-3 anos, tivemos o privilexio de contar na escola coa visita dun mago moi especial que nos fixo sorrir e quedar pasmados cos seus trucos de maxia. Era o mago Melón!!.
Tamén trouxo un instrumento máxico, o caleidoscopio. Fixo o truco da auga de cor, os clips que non caen da bandexa coa axuda da pedra máxica, a pelota que baixa cando lle falas, o bolígrafo que se lle pegan os papeis sen pegamento.
O xoves 20, chegou o mago Melón pola tarde á escola cargado cos seus trucos para amosarllos aos nen@s da unidade da tarde.
Moitas grazas mago Melón pola túa compaña e a túa maxia.