Agapito di…

Publicado por nigran o 28 de Febreiro do 2011

TODOS  OS NENOS /AS TEDES QUE VIR CON ZAPATILLAS DA CASA !!

Cada un tiña zapatillas diferentes: unhas con cara de animais, ou moi peludas, outras de cores, lazos; canta variedade!

E mañá?, que temos que traer mañá?

O nariz pintado de vermello!!!!

CHEGOU O MECO!!!

Publicado por nigran o 23 de Febreiro do 2011

O Meco, como todos os entroidos, chegou a Nigrán.

Despois dunha votación popular, entre as familias e as traballadoras do Centro, decidiuse que, este ano, o Meco íase chamar AGAPITO!!

E chegou, coma sempre, dando ordes.

Hoxe había que vir cun chapeu.

Como veredes nas fotos, habíaos moi, moi, orixinais.

Os nenos, que non son moi dados a levar cousas na cabeza, non querían falar de quitalo. O calor non importaba nada. E que se sentían tan reguapos…

O meco di…

Publicado por nigran o 12 de Febreiro do 2010

Familias: o Meco deixou dito, no encerado da entrada,

que o luns tiñamos que vir disfrazados

do que quixeramos.

Algunha de nós vai cantar unha “ranchera”,

outr@s van facer conxuros e apócemas

e outr@s serán quen bailar samba .

Menuda mestizaxe!!

O Meco manda…

Publicado por nigran o 9 de Febreiro do 2010

O Meco mandou, para mañá mércores, vir

cun diadema posto na cabeza.

Hoxe tiñamos orde de vir en zapatillas, … e viñemos

Este Meco …só fai mandaaaarr !!

Publicado por nigran o 4 de Febreiro do 2010

Estes días chegou á escola o MECO.

Pensabamos que viña de visita e chegou para quedar

até o día 12. Só fai dar ordes:

que se temos que vir con gravata,

que cun zapato distinto en cada pé,

Só fai mandar!!! pero… que ben o pasamos.

 

 

Atentos!!!! Mañá tod@s con camiseta de raias….. non vós olvidedes. E o luns cun sombreiro……e o martes…….xa nos dirá o noso Meco.