Postais de Nadal

Publicado por nigran o 10 de Xaneiro do 2012

Os nenos/as desta escola, quixeron felicitar as festas as súas familias, e para isto puxeron todo o seu empeño en decorar fantásticas postais navideñas.

Mirade que chuladas!

ROMANOS

VIQUINGOS

CELTAS

Feliz nadal

Publicado por nigran o 30 de Decembro do 2010

As crianzas da Galaxia da tarde estamparon a súa man para facer unha postal de Nadal y aproveitaron a ocasión para envialas á casa e felicitarlles aos seus familiriares estas festas.


Bo Nadal a todos!!

Rico, rico….

Publicado por nigran o 29 de Decembro do 2010

Por mor destas datas, Ana, a nosa cociñeira,  axudounos a facer un delicioso obradoiro de polvoróns. Os nenos e nenas investigaron, manipularon e elaboraron uns riquisimos doces de Nadal e, por suposto, ao final os degustaron !!

Que divertido!!

Grazas Ana, este si que foi un obradoiro rico, rico e con fundamento!!

Cantos agasallos!!

Publicado por nigran o 22 de Decembro do 2010

Os nenos e nenas da Galaxia da tarde pintaron un mural cheo de agasallos coa ilusión de que este nadal cheguen a todas as partes do mundo e que ningún cativo se quede sen a ilusión destas festas.

Acivro

Publicado por nigran o 21 de Decembro do 2010

Os cativos/as da aula de Xúpiter tamén puxeron o seu graniño de area e decoraron un precioso acivro, pintando con ceras verdes e logo pegando gomets vermellos.

Unhas cores moi navideñas.

Así se fai, artistas!!

Chegou o Nadal

Publicado por nigran o 21 de Decembro do 2010

Por fin chegou o Nadal á Escola Infantil de Nigrán; e para comezar a facer ambiente, os nenos e nenas da aula Mercurio, pintaron unha fermosísima árbore de nadal.

Mirade que ben lles quedou.

Parabéns artistas!!

FESTA DE NADAL

Publicado por nigran o 24 de Decembro do 2009

O LUNS 21 DECEMBRO POLA TARDE FESTEXAMOS O NADAL COS NEN@S E AS SÚAS FAMILIAS.

Despois de moitos ensaios as aulas do bosque de Nigrán actuaron diante das familias. Comezou a aula de  mundo máxico (unidade da tarde) seguindo con meigas, dragóns, fadas, trasnos e por último unicornios.

Ademais tivemos unha tarde moi animada con “ESTRELIÑA” e as panxoliñas cantadas por todas as profas.

Para rematar e agradecerlle a todas as familias a súa colaboración e por estar acabando este ano 2009, chocolate con churros e moito, moito baile.

FELICES FESTAS !!

Abeto navideño

Publicado por nigran o 24 de Decembro do 2009

Os nen@s de mundo máxico fixeron un abeto. Primeiro o pintaron de verde con témpera e despois o decoraron, puxéronlle moitas boliñas de cores con papel de seda.

Tan bonito quedou que só lle faltaban as luces. Así de ben traballaron.

Felicitacións!!

Publicado por nigran o 23 de Decembro do 2009

A  Escola Infantil de Nigrán agradece a todas as familias a colaboración  para a construción desta gran árbore de Nadal, realizada con materiais de refugallo (rolos de papel hixiénico).

Que o ano que entra vos traia a todos unha fartura de saúde e felicidade.

NADAL DOCE NADAL

Publicado por nigran o 21 de Decembro do 2009

Coa entrada do Nadal na aula de Meigas estamos a facer adornos navideños, un deles foi o tipico bastón de caramelo pero en tamaño xigante. Pegamos anacos de papel vermello con moito coidado e con unha pouquiña de axuda.

BO NADAL