Coñecemos o noso corpo

Publicado por nigran o 28 de Setembro do 2011

Seguindo coa temática que nos ocupa estes días, os Romanos aproveitaron para seguir recoñecendo as diferentes partes do corpo. Esta vez fixérono a través dun conto relacionado co tema.

Finalmente, aplicaron os seus coñecementos, pintando o corpo dun neno en papel contínuo, decorándoo con ceras.

Aquí tedes unha pequena mostra.

QUE SENSIBLES SON OS NOSOS PÉS!!

Publicado por nigran o 25 de Setembro do 2009

Na aula de Meigas, tivemos unha sesión de experimentación cos nosos pés.

1º Descalzámonos e tocamos os nosos pés coas mans.

2º Polos nosos pés viaxaron moitísimas cousas que facían cóxegas, estaban frías… un milleiro de sensacións novas que descubrimos.

3º Pintamos e experimentamos con témpera.

Experimentando co corpo

Publicado por nigran o 25 de Setembro do 2009

A clase de Trasnos, estes días, experimentou co corpo pintando coas mans e pés con témpera de cores; tamén había cor nas súas pernas, cara, brazos…..