Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
O venres celebramos a cerimonia de clausura das nosas Olimpiadas particulares. O noso facho olímpico despediuse de nós ata o próximo ano, non sen antes facelo por tódolo alto ca entrega de medallas a cada un dos participantes das probas deportivas e ca posterior festa.
Houbo confeti, moitísima música, medallas de ouro subindo ó podio, baile… Foi toda unha despedida moi divertida, así que xa estamos desexando volver a participar noutras Olimpiadas porque estes días pasámolo realmente ben. Mirádenos qué guapos estamos cas nosas medallas!!.
Etiquetas: deporte, facho olímpico, olimpiadas
Publicado en Aniversarios | 6 comentarios »
Publicado por nigran o 2 de Agosto do 2010
Etiquetas: olimpiadas
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 28 de Xullo do 2010
Na escola de Nigrán, para fomentar o deporte , estamos a levar a cabo unhas olimpiadas moi especiais, o luns 26 tivo lugar a festa de apertura, onde prendemos o facho olímpico e os nenos de cada aula viñeron vestidos de diferentes deportes: Meigas de fútbol, Dragóns de tenis, Fadas de baloncesto, Trasnos de natación e Unicornios de atletismo.






Para o discurso de inauguración tivemos o privilexio de contar coa patrocinadora olímpica Charo, que nos deleitou cunhas palabras de ánimo para estes días de intensas probas como a carreira de velocidade, obstáculos e baloncesto.


Despois do gran discurso, tivemos fogos artificais de confetti que deron lugar o comezo das olimpiadas en Nigrán.




Para finalizar esta gran festa tivemos un gran baile con música referente ás olimpiadas. Bailamos e bailamos.




Despois de tanto baile tocou a hora da relaxación.


Agora a entrenar duro para poder participar nas probas olímpicas. Ánimo!!!!!
Etiquetas: olimpiadas
Publicado en Aniversarios | 5 comentarios »