XOGANDO CO LÉXICO

Publicado por nigran o 18 de Outubro do 2009

A palabra que escolleron as profes dos Dragóns é:

cogomelo

Anteriores. Seguintes. Imprimir a entrada. Mandar a entrada por mail.
< lat *cucumellu, dim decucŭma ‘vaso de cociña’
s m MICOL Aparato esporífero dos fungos da subdivisión basidiomicotina e dalgunhas especies da subdivisión ascomicotina, que está constituído por unha estrutura de hifas dicarióticas que conforman un corpo frutífero, en que se distingue unha parte basal alongada, denominada , que sostén outra máis grosa, que recibe o nome de chapeu, en que se sitúa o himenio que produce as esporas.

SIN: chouparro, cogorda, cogordo.

ESTAMPACIÓN DE FOLLAS

Publicado por nigran o 16 de Outubro do 2009

En Unicornios, coa chegada do outono, saímos ao noso patio para coller as follas das  árbores, que estaban no chan.

Despois de recoller moitísimas follas, entramos na aula e  estampámolas con témpera amarela, e nos quedaron uns preciosos cadros coas cores do outono.

As follas que nos sobraron,  colocámolas a nosa árbore espida.

E así de outonal quedou a nosa aula.

QUE CHOVA, QUE CHOVA…!!

Publicado por nigran o 13 de Outubro do 2009

Na escola de Nigrán chegaron as pingueiras de auga, por iso sacamos o paraugas e o pasamos moi ben pisando os charcos de auga e barro que encontramos. Ollade as Meigas que ben o pasan.

Logo fixemos o noso paraugas particular.

Tocou a hora de pisar os charcos. Preparados ,listos, xa!

LANDRAS CON COR

Publicado por nigran o 9 de Outubro do 2009

TRASNOS fixo un bonito mural con landras e as cores do outono. Traballamos moito a pinza inferior, porque non e moi doado colle-las xa que son pequerrechas.