Publicado por nigran o 9 de Abril do 2010
Coa chegada da primavera fixemos un obradoiro con flores coas que fixemos “perfume”. Primeiro pedimos colaboración ás familias para que nos trouxeran flores naturais diversas e unha botella decorada por eles e o nen@. O equipo educativo agradece a colaboración xa que as botellas quedaron chulísimas e trouxéronnos moitas flores.Os nen@s maiores decoraronas na súa aula con gomets de cores.


Ulimos as flores, manipulámolas e despois aprendemos as a quitarlle os pétalos a alunha delas.








Tras tanto traballo, tocou o momento de meter os pétalos na auga para deixalos ata o día seguinte, que metemos a auga perfumada dentro das botellas decoradas para levar para a casa; na aula de Meigas tamén gozaron dun baño quentiño con auga e pétalos.





Etiquetas: flores, perfume, primavera
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 5 de Abril do 2010
O martes 30, tivemos unha visita moi especial: A fada das cores. Estaba moi contenta porque xa recuperara todas as súas cores.

Nestas últimos días, os nen@s da escola estivemos axudando á fada a recuperar as súas cores; por iso vimos vestidos, cada día, dunha cor. Fixemos en cada aula un anaco para artellar un gran arco da vella para o noso salón. Descubrimos as cores primarias e, algún de nós, xa somos quen de diferencialas.
A fada tróuxonos máis agasallos para agradecernos a nosa axuda, ademáis das caixas máxicas que xa nos mandara. Fixo maxia e converteu a auga transparente en auga de cores cos seus pós máxicos.





Pediunos axuda para remexer as botellas con moita forza e dicir as palabras máxicas.



Tamén nos trouxo outro agasallo moi especial, ademáis do seu sorriso: confetti de cores baixo o que bailamos moito.



Os nen@s de Mundo Máxico tamén tiveron a visita da fada, á que axudaron moito estes da tarde, facendo todo o posible para que non se quedara branquiña para sempre.







Con esta gran festa demos a benvida á primavera e despedimos á fada cun día moi multicolor.
Grazas “Fada das cores”!!
Etiquetas: cores, fada das cores, primavera
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Etiquetas: abella, mel, primavera
Publicado en Aniversarios | 1 comentario »