OS CATIVOS/AS DE 1-2 FAN PSICOMOTRICIDADE

Publicado por nigran o 4 de Outubro do 2012

Como xa sebedes, unha das actividades que se realiza con asiduidade nos distintos centros é a sesión de psicomotricidade, posto que esta resulta moi importante para que os nenos e nenas se desenvolvan con facilidade a nivel motor.

Con estas sesións preténdese que os nenos e nenas controlen, coñezan e coiden o propio corpo, valéndose por si mesmos, podendo deste xeito satisfacer as súas necesidades básicas. Ao mesmo tempo, as cativas e cativos,  relaciónanse entre si e coñecen o entorno que os rodea.

E o máis importante, todo isto  pódese conseguir a través do xogo!!!!!!!!!!!

PRIMEIRO OS MÁIS PEQUECHOS/AS, AS XOANIÑAS

E AGORA AS/OS ABELLIÑAS

A psicomotricidade dos Celtas

Publicado por nigran o 30 de Abril do 2012

Subir unha costa como se fose unha montaña, para nós, non é nada, pois  facémolo ao ritmo dunha canción. ” Vou na busca dun León…”, esta é a cantiga que interpretamos con moito xeito e aplicación e que nos encanta.  Saltamos as pedras que están representadas polos aros, subimos as montañas…

Botade unha ollada.

Os Trogloditas exploran o mundo…

Publicado por nigran o 4 de Xaneiro do 2012

Os Trogloditas estamos facéndonos moi maiores e, como todos gatexamos, aproveitamos para facer un pouco de psicomotricidade atravesando túneles.

Que experiencia máis grandiosa!.

Dentro de nadiña estaremos xa camiñando, e miraremos o mundo dende outra persepectiva.

Os Exploradores fan o seu circuito

Publicado por nigran o 7 de Outubro do 2011

Fixemos un pouco de psicomotricide grosa no salón, por medio de desplazamentos, subidas e saltos. Mirade se vos gusta; a nós encantounos.

O Camiño de Santiago

Publicado por nigran o 3 de Agosto do 2009

Como estivemos a traballar o tema de Galicia, ¿como nos íamos quedar sen facer o Camiño de Santiago?

Ollade que peregrinos máis valentes temos que fan o camiño nun abrir e pechar de ollos.

Subiron e baixaron montañas, atravesaron ríos, pasaron por debaixo de pontes, etc…