Amergín sen cueiro

Publicado por nigran o 3 de Xullo do 2012

O último neno da aula dos Exploradores en quitar o  cueiro  foi Amer, que está a facelo moi ben.  Dende a primeira vez  encantoulle ir ao baño soíño e sempre o fixo con moita habilidade.

Segue así campión.

Lucas , Samu e Sabela sen cueiro

Publicado por nigran o 18 de Maio do 2012

Os dos Exploradores van sendo cada vez máis autónomos e independentes.  Un dos logros que máis lles está gustando pór en práctica é o de ir soíños ao baño e deixar o cueiro.

Están a facelo moi  ben!!!!


LUCAS

SAMU

SABELA

Os Celtas van logrando moitos avances

Publicado por nigran o 4 de Xaneiro do 2012

Desta volta tocoulle ser un pouco máis independente a Ainhoa, que deixou o cueiro e está a facelo de marabilla.

Procurando a autonomía

Publicado por nigran o 19 de Decembro do 2011

Os dos Celtas cada vez se fan máis maiores e conseguen moitos logros. Unha das que está conseguindo ser cada vez máis autónoma é Lucía, que xa deixou o cueiro e goza indo soa ao baño.

Antonio Blas xa sen cueiro

Publicado por nigran o 4 de Outubro do 2011

O derradeiro Celta en deixar o cueiro foi Antonio Blas,  que cada día vai sendo  máis independiente.

Para que vexades como vai soíño ao baño ollade…

Aaron sen cueiro

Publicado por nigran o 16 de Febreiro do 2011

Pouco a pouco os cativos do cole  vanse facendo maiores. Nesta ocasión Aaron, da Aula de Mercurio, acadou un pouco máis da súa autonomía co control de esfinteres.

Parabéns campión!!

Sen cueiro

Publicado por nigran o 23 de Decembro do 2010

Ahisa, da aula de Mercurio, xa non leva cueiro na súa andaina de medrar, xa deu un paso máis.

Que maior!!


Parabéns campioa!!

Unha campioa

Publicado por nigran o 13 de Decembro do 2010

Lara, da Galaxía da tarde, xa deixou atrás os cueiros, é unha rapaza moi maior, capaz ata de tirar soa da cadea.


Parabén campioa!!

Sen cueiro

Publicado por nigran o 13 de Decembro do 2010

Os nenos e as nenas da Galaxía da tarde tamén van medrando de vagar. Pasiño a pasiño conseguen a súa autonomía. Neste caso Dora xa non leva cueiro.

Que ben se sinte un cando acada un logro coma este!!

Que maior!!

Publicado por nigran o 9 de Decembro do 2010

A clase de Mercurio non para de festexar os avances dos seus nenos. Nesta ocasión é Dylan (que tamén pertence á Galaxía da tarde), o que superou unha difícil proba e dixo adeus ao cueiro.

Que maior!!

Moitos parabéns campión!!