Publicado por nigran o 5 de Outubro do 2010
O pasado xoves, os máis pequenos da escola participaron no obradoiro dos sentidos, así que, despois de ensinarlles todos os recunchos en que estaban organizados os obradoiros, comezaron polo sentido da vista. Xogaron con papel charón e viron que, a través del, as cousas cambiaban de cor, ao igual que as botellas de cores.
O seguinte era o recuncho do tacto, onde manipularon diferentes texturas.
Ao seu lado estaba o recuncho do oído, onde experimentaron con diferentes sons. Tiñan moitos instrumentos onde elexir: maracas, pau da choiva, platillos…
Despois de rematar pasaron ao do gusto, onde puderon saborear diferentes froitas, acedas e doces, tamén probaron mel, azucre , colacao …
E por último o do olfato, onde uliron moitas plantas aromáticas. Que sorte que case todas ulían ben!!!
Pasárono moi ben sentido escoitando, ulindo e saboreando!
Se non… mirade as súas caras!
Etiquetas: gusto, oído, olfato, sentidos, tacto, vista
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 5 de Outubro do 2009
Etiquetas: sentidos
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »
Publicado por nigran o 5 de Outubro do 2009
Etiquetas: sentidos
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »