Vendimadores por un día

Publicado por nigran o 5 de Outubro do 2011

Todas as aulas decidimos mergullarnos nunha profesión tan tradicional como a de ser vendimadores. Seguimos a presentación que nos fixo Dona Uva, á que lle prestamos moitísima atención. Ela comezou por mostrarnos as dúas cores das uvas; en concreto dous acios, un que pertencía ás uvas de cor escura e o outro  que  era o das uvas de cor verde. Os acios procedían da parra cunhas cepas que Dona Uva nos mostrou a todos, e que poidemos manipular. Logo probámolas, e algúns puxémonos ata arriba a comer nelas; pero o máis divertido viña logo, é era facer o viño cos nosos pés. Ollade que ben o fixemos…

Romanos e Viquingos:

1ª  Fase de presentación, manipulación e degustación.

2ª Fase: elaboración  do viño a través do pisado das uvas.

Celtas e Exipcios :

1ª  Fase: presentación, manipulación e degustación.

2ª Fase: elaboración  do viño a través do pisado das uvas.

Os Exploradores, coa súa vendima tan peculiar, na que Bárbara explicou, como dona Uva, todo o que había que saber,  tiveron as súas fases de manipulación e degustación ademais da de elaboración.

Os máis pequenos da Escola tamén estiveron moi atentos á explicación dás súas profes, que logo de mostrar os dous acios de uvas, poideron experimentar as súas texturas a través da manipulación e posterior pisado para elaborar o viño. Ollade como se divertiron  ”de lo lindo”.

Trogloditas

OBRADOIRO DA VENDIMA

Publicado por nigran o 27 de Outubro do 2009

En Nigrán chegou a vendima. O pasado xoves, cos nen@s de 0-2 anos, e o venres cos de 2-3, fixemos un obradoiro coas uvas:  manipulamos, probamos, pisamos, pintamos…e incluso tomamos zume de uva.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración cos acios de uvas;  fixeron que o obradoiro fora todo un éxito.

UVAS POR AQUÍ E UVAS POR ALÁ

Publicado por nigran o 19 de Outubro do 2009

Chegou a vendima, por iso en Trasnos quixemos coñecer as uvas e as follas da vide moi de preto.

Manipulamos e probamos as uvas, despois de coñecelas e saborealas, fixemos a nosa vide particular pintando e pegando gomets cada un nun acio. Quedounos chulísimo.