Publicado por nigran o 27 de Agosto do 2010
Na escola de Nigrán estamos cos últimos preparativos para comezar o novo curso 2010/11. Este ano viaxamos pola galaxia e nos convertemos nos habitantes de diferentes planetas: Saturno, Venus, Marte, Mercurio e Xúpiter.


Nesta galaxia, na que podemos atopar planetas, unha cidade galáctica, cohetes, extraterrestres, astronautas, e sobre todo moitas estrelas…, xa está todo preparado para dar a benvida aos novos habitantes; os únicos requisitos son ser menor de tres anos e ter moitas ganas de aprender, xogar e pasalo ben.
















Durante este mes de agosto, e aproveitando que había menos crianzas, dispuxémonos, nunha actividade febril, a decorar a nosa escola para que todo estivera a punto.






Benvidos á galaxia de Nigrán!!!!

Etiquetas: decoración, Engadir nova etiqueta, galácticos, galaxia, galaxia da tarde, marte, mercurio, novo curso, saturno, venus, xúpiter
Publicado en Aniversarios | 4 comentarios »