Publicado por nigran o 4 de Abril do 2011
Etiquetas: verde
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2011
Neste temática sobre os alimentos, os nenos e nenas das Aulas de Mercurio e Xúpiter, descubriron dúas cores preciosas: o verde e o vermello; e para aprendelas mellor, uns non tiveron medo a enzoufarse ata arriba pintando macarrós para logo elaborar unhas preciosas pulseiras ensartando a pasta.





Os máis maiores tiveron que seleccionar entre moitos alimentos os de eestas cores e poñelas nos seus respectivos contedores, logo cun comest vermello nunha man e un verde naoutra a selección se complicou: Que tal se nos tocamos o naris coa man do vermello?. e se tapamos a boca co do verde?.










Os nenos de Marte descubriron que as mazás que trouxeron á aula podían ser de dúas cores, ou ben verdes , ou ben vermellas.
Logo de velas por fóra e por dentro, de tocalas, comelas e ver que cásique sabían igual unhas que outras, pasaron a facer unha representacion artística das mesmas, así que, con moito xeito, primeiro pegaron anaquiños de papeis verdes nunha gran mazá que as súas profes xa tiñan preparada, e ao rematar? o mesmo, pero desta vez de cor vermella,
quedaron realmente bonitas!!









Etiquetas: verde, vermello
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 29 de Marzo do 2010
Seguimos coas cores da Fada, só nos falta axudarlle co verde para que a visitarnos con tódalas súas cores e festexemos con ela a primavera. Como acudimos todos á escola, o venres 26, vestidos desta cor, a fada mandounos un agasallo como nestes últimos días coas outras cores pero esta vez eran cousas máxicas de cor verde.
Etiquetas: fada das cores, verde
Publicado en Aniversarios | Sen comentarios »
Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010
Estes días estivo de visita pola nosa escola a Fada das Cores. Estaba moi preocupada porque quedara completamente branca e quería recuperar a súas cores.



Escribiunos unha carta moi interesante, na que nos convida a axudala a recuperar as súas cores marabillosas.

Se queredes consultala, premede na sequinte ligazón:
Etiquetas: amarelo, azul, cores, fada das cores, verde, vermello
Publicado en Aniversarios | 2 comentarios »