Verde e vermello

Publicado por nigran o 18 de Febreiro do 2011

Neste temática sobre os alimentos, os nenos e nenas das Aulas de Mercurio e Xúpiter, descubriron dúas cores preciosas: o verde e o vermello; e para aprendelas mellor, uns non tiveron medo a enzoufarse ata arriba pintando macarrós para  logo elaborar unhas preciosas pulseiras ensartando a pasta.

Os máis maiores tiveron que seleccionar entre moitos alimentos os de eestas cores e poñelas nos seus respectivos contedores, logo cun comest vermello nunha man e un verde naoutra a selección se complicou: Que tal se nos tocamos o naris coa man do vermello?. e se tapamos a boca co do verde?.

Os nenos de Marte descubriron que as mazás que trouxeron á aula podían ser de dúas cores, ou ben  verdes , ou ben vermellas.

Logo de velas por fóra e por dentro, de tocalas, comelas e ver que cásique sabían igual unhas que outras, pasaron a facer unha representacion artística das mesmas, así que, con moito xeito, primeiro pegaron anaquiños de papeis verdes nunha gran mazá que as súas profes xa tiñan preparada, e ao rematar? o mesmo, pero desta vez de cor vermella,

quedaron realmente bonitas!!

A caixa do Vermello

Publicado por nigran o 23 de Marzo do 2010

O mércores 17 foi o “Día do vermello”, xa que todos quixemos axudar á Fada a recuperar a súas cores. Ese día, nada máis epertarmos, vestímonos todos con atavíos desta cor, e mirade que namorados parecemos.

Como todos viñemos con algo desta cor, a “Fada das cores” mandounos un agasallo polas aulas: a caixa máxica do vermello!!, onde atopamos un milleiro de cousas coas que poder divertirnos e descubrir o encanto especial desta cor.

Tamén fixemos un anaco do arco da vella en cada aula para pór no salón e que poida vir a fada das cores a festexar a entrada da primavera con nós,  na nosa escola. Tivemos a axuda das familias, que  nos trouxeron cousas vermellas que puidemos pegar para que non  quedara branco o noso anaquiño do Arco da Vella. Moitas grazas pola vosa colaboración. A fada  estase poñendo moi, pero que moi contenta. Tamén o imos  facer igual de ben co azul, o amarelo e o verde.

FADA DAS CORES

Publicado por nigran o 17 de Marzo do 2010

Estes días estivo de visita pola nosa escola a Fada das Cores. Estaba moi preocupada porque quedara completamente branca e quería recuperar a súas cores.

Escribiunos unha carta moi interesante, na que nos convida a axudala a recuperar as súas cores marabillosas.

Se queredes consultala, premede na sequinte ligazón:

Carta da Fada das Cores

Unha ollada en vermello

Publicado por nigran o 30 de Decembro do 2009

As crianzas d@s Fad@s estiveron a mirar

o mundo doutra cor.

Como vai frío alá fóra, miramos a paisaxe coa cor da calor.