QUE É ISTO????

Publicado por nigran o 4 de Outubro do 2012

Dende a escola trabállanse unha serie de sesións de XOGO HEURÍSTICO.

Que que significa??? Pois ben, o xogo heurístico é aquel no que nenas e nenos xogamos con distintos materiais naturais coma poden ser corchos, madeira, tapas, piñas, teas,… nun lugar tranquilo e acolledor.

Para que funcione debedes deixar que a nosa imaxinación voe; trátase de que xoguemos nós sós/as, sen que interveñan os adultos.

É moi divertido se se nos permite manipular, experimentar e descubrir a nós sós/as.

Observade:

O xogo heurístico dos Exploradores

Publicado por nigran o 2 de Maio do 2012

Esta actividade que se desenvolve na Escola aínda era descoñecida para esta aula, pero a partir de hoxe as visitas serán máis cotiás pois nos encantou a experiencia.

Trogloditas de excursión

Publicado por nigran o 19 de Abril do 2012

Aínda que curta, encantounos visitar por primeira vez a aula onde os mais maiores da escola desenvolven o xogo heurístico. Manipulamos os obxectos, xa sexa con cunchas, culleres de madeira, etc. Encantounos coñecer esta sala da escola e repetirenos moi pronto a experiencia.

Xogo heurístico

Publicado por nigran o 14 de Novembro do 2011

Os Viquingos acudiron á súa primeira sesión de xogo heurístico. A actividade heurística pode definirse como “un sistema de educación no que, ao alumno, ensínaselle a descubrir por si mesmo as cousas”.

O xogo heurístico é unha actividade destinada aos nenos/as de 1-2.

Para realizar unha sesión de xogo heurístico precisamos:

-Un espazo delimitado para a sesión

-Debemos fixar un período determinado do día

-Os materiais de xogo deben de ser variados e disporse en bolsas cerradas cun cordón (empregamos botes baleiros, tapas de metal de tarros, piñas, la, pinzas de madeira…)

-Ao inicio da sesión, a educadora selecciona e coloca os obxectos. A nosa función é fundamentalmente facilitadora.

-Ao final da sesión metemos os materiais nas bolsas e as colocamos na súa percha correspondente.

Con esta actividade, pretendemos entre outras cousas:

-Adquirir a coordinación e o control dinámico do corpo para a execución de tarefas da vida cotiá e das actividades do xogo

-Establecer algunhas relacións entre as características do medio físico e as formas de vida que en dito medio se establecen.

Os nenos/as da aula dos Viquingos pasárono de marabilla!.

Mirade que atractiva lles resultou esta actividade.

Xogo heurístico

Publicado por nigran o 21 de Abril do 2010

Nestas últimas semanas comezamos co xogo heurístico na escola, cos nenos de Meigas, Dragóns e Fadas ( 1-2 anos).O xogo heurístico é unha actividade de xogo onde os nenos interactúan con diferentes tipos de material. O material que utilizamos nas sesións son obxectos naturais, de pel, metal, papel, madeira, cartón, corcho…evitando os materiais plásticos ou xoguetes convencionais que xa están ao seu alcance  todos os días.

Contémplanse dúas fases:

1ºExploran os materiais e combinan os obxectos.

2ºRecollen os obxectos e os clasifican.

Cada aula  vai un día á semana á aula da sesta de 1-2, xa que é un espazo baleiro onde os nenos/as vánse a atopar só o material que propoñamos. Material como piñas, tapadeiras de metal, bolas, corcho, bolas de lá, cunchas, culleres de pau, rolos de papel, teas….ademais de contenedores de metal.

Co exercicio continuado do xogo, intentaremos conseguir que:

-Fagan unha estructuración do seu pensamento.

- Aumente a súa capacidade de comprensión verbal.

- Concentren a súa atención na actividade.

- Coñezan propiedades dos materiais que manipulan.

- Experimenten sentimentos de éxito e fracaso.

- Valoren o material.

- Acepten e respecten aos seus compañeiros/as.

- Manteñan unha atmósfera de calma.