Nov 29
MAÑA VEN A VISITARNOS O AFIADOR
E PRÓXIMAMENTE PRESENTAREMOS A MASCOTA DA NOSA ESCOLA
A GUMARRA
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
Nov 23
- O pasado domingo 21 de novembro estivemos de Magosto coas familias.
- Como todos os cursos fixemos unha xuntanza coas familias, este ano decidímola facer polo magosto con todas as crianzas que veñen á escola este curso, máis as crianzas dos cursos anteriores, foi todo un éxito xa que asistiron moitas familas.
- Cada curso somos máis, qué ben!!!!!
- FIxémolo no polideportivo que temos no municipio, xa que este día fixo moito frío.





Despois de ter a barriga cheiña estiveron as/os nenas/os pintando un pouco, xogando coas pelotas e tamén xogamos cunha sábana o paracaídas, pasámolo moi ben.







Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 23
Como estamos traballando a unidade didáctica dos oficios, pois xogamos os peluqueiros. Pasamos un bo rato entretenidos, peinandonos, facendo coletas, secando o pelo cos secadores, etc.









Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
Nov 19
Empezamos unha nova Unidade didáctica, a dos oficios. Estivemos pintando diferentes oficios cos seus correspondentes utensilios, que despois pegamos en papel continuo.




Así nos quedou.



Publicado en Actividades na escola infantil | Sen comentarios »
Nov 19
Dende o equipo educativo da escola querémoslle dar as grazas a Mari Luz polos detalles que nos fixo para a nosa escola. Son feitos con fios de coser pegados un a un, non vexades qué obra de arte!!! e qué paciencia!!!.




Moitas grazas Mari Luz!!!!!!!!!!
Publicado en Sen clasificar | Sen comentarios »
Nov 19
Debuxamos unha castaña en papel continuo, botámoslle cola e empezamos a botarlle as cascas das castañas que asamos días atras.





E este é o resultado, mirade cómo nos quedou a nosa castaña Catalina.

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Forramos os botes do leite dos bebes e depois decorámolos con gomets de diferentes cores e pegámoslle castañas pintadas por fóra.




Unha vez rematados metémoslle castañas dentro e a facer ruido, as/os nosas/os nenas/os gustoulles moito e estiveron xogando moito coas maracastañas.

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Fixemos unha castaña na escola, fixémoslle unha boca grande e pegámola a unha caixa, antes decoramos un pouco a caixa. E comezamos a xogar, as crianzas máis maiores entenderon o xogo, pero os mais cativos metíanse no medio e non deixaban tirar, e algún que outro enfadouse.



Agora hai que volvelas quitar para poder encestar outra vez na boca da nosa castañaa. Qué rato máis divertido pasamos!

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Cada crianza co seu plato, as súas castañas e a pitura dedos de cor verde; puxéronse a pintar as castañas que despois deixamos secar, e ó día seguinte pegar as catañas unhas a outras e facer o verme.




Cómo lles encanta ás crianzas andar coa pintura de dedos, ata aos máis pequerrechos!


Este é o resultado, espero que vos guste o noso verme verde, verde, verde, como o crocodilo que se perde….


Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 16
Estiveron un bo ancao entretidos todos xogando coas castañas , meténdoas e sacándoas dos diferentes materiais que lles puxemos enriba da mesa.


Esta foto é unha dos cativos máis pequenos e mirade que entretido estaba co seu bote e as castañas.



Meteron castañas nos botes grandes depois ían collendo dunha en unha e íannas botando en botes máis pequenos.

Esta nena collía cas castañas cunha culler e ías botando non embase de iogurt.

Meteu castañas nun embase de iogurt e despois estivo vaciando dun embase para outro.



Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »