Nov 15

Este día primeiro preparamos a zona  coas cabazas, e as cabazas antes de que chegasen as crianzas. Cortámoslles a parte de arriba para  despois poñernos mans á obra.

Aí chegan as/os nosas/os traballasoras/os, mirade con qué cara quedan as máis cativas, xa que para elas era a primeira vez.

Esta é unha das máis cativas, e mirade que ben o está a pasar.

E puxémonos mans á obra con culleres e coas mans.

Despois de traballar arreo para quitarlle todo o que tiñan dentro, unha das educadoras empezou a facerlle as formas as nosas cabazas.

Mirade o resultado, dan algo de medo a que si??. Puxémoslle unha candea dentro, apagamos a luz e trouxemos ás crianzas para que viran o resultado, non vos perdades a cara dalgún deles.

A verdade que ás escuras daban algo de medo, pero as crianzas gustoulles moito esta actividade, ainda que algúns  tiveron algo de medo, pero pasámolo xenial este día.

2 comentarios a “A festa de Samaín!!!”

  1. ramuin di:

    Cómo se enzoufaron ese día pero pasáronno pipa!

  2. isabel di:

    Hola compañeiras, son Isabel da Escola de Chantada, os meus parabens,polos vosos monecos feitos coas castañas, eu na miña aula tamèn teño feito o gusano , un ourizoetc, pero fostes moi orixinales con estas arañas,etc, un saùdo e unha aperta de isa fernàndez, aula 2-3 Magos Chantada-lugo,hasta outra, noraboa.

Deixar unha resposta

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe