Arquivado da categoría ‘A casa 2011’

Mar 11

Neste día decidimos facernos pasar por uns magníficos cociñeiros asique fixemos algo que nos gustaba a todos, uns batidos de vainilla !!

Primeiro botamos no bol, leite condensada,

logo añadimos o xeado de vainilla,

e por último mesturamos con iogures naturais. Gardámolo na neveira para que repousara e o resultado? uns batidos riquísimos!!!!

Mar 11

Trouxemos á escola diferentes elementos que podemos atopar nas nosas casas coma secadores, peines, pratos, culleres, mantas… logo, os nenos tiveron a oportunidade de xogar libremente con todas elas e descubrir o que escondía cada cousa.

Un dos xogos que máis gustou foi o xogo simbólico das cociñas, as crianzas fíxolles moita ilusión ser eles mesmos os que limpaban a louza logo de ensuciala, imitando a labor das nosas mamás na casa.

Mar 11

Con esta actividade pretendíamos que os nenos coñeceran as partes da casa, para isto, cada neno coloreou unha habitación que eles mesmos elixiron: o salón,

o dormitorio,

a cociña e o servicio.

Unha vez coloreados, montamos o noso mural e construimos unha casiña!

Mar 11

Nesta actividade pretendiamos traballar os diferentes tipos de casas, para isto, traballamos co conto de “Os tres porquiños”. Erase unha vez tres porquiños que vivían no bosque… o irmán máis pequeno que era o máis preguiceiro decidiu facer unha casa de palla,

o irmán mediano, que era algo máis traballador, tardou un pouco máis en facer unha casa de madeira,

e o irmán máis vello, que era moi traballador, tardou moitos, moitos días en facer unha casa de pedra…