Xun 25
Neste día, decidimos preparar unha ensalada para logo probala a hora do xantar. Primeiro veu a presentación dos alimentos que iamos utilizar: a leituga, os tomates, a cebola, o vinagre, o aceite e o sal.

Primeiro ulimos os ingredientes,

e logo comezamos coa preparación: primeiro a leituga, ben picadiña,

logo o tomate,


e por último a cebola,

que algúns animámosnos a probala e outros…

tan solo con tela cerca de nos, xa nos abondaba, pero ainda así, quedounos unha ensalada moi ben feitiña.

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Xun 24
As nosas mestras tíñannos unha sorpresa agardando, iamos ir ao parque a xogar!! Primeiro preparámosnos para o camiño: as gorras, a protección, as silliñas para os máis pequenos…



Ao chegar ao parque non sabíamos por onde comezar, se polos bambán,



(onde desfrutaron tamén as mestras, jeje)

polas cordas,


ou pola casiña e o tobogán


houbo tempo para todo, e logo fixemos un pequeno descanso para comer o tentempé nunha sombriña, mirade a María e a Dani que contentos se lles ve

aínda que pronto caeron rendidos senón botade unha ollada



Mentras eles botaban esa pequena sesta, nos fartámonos a correr, saltar, andar os rebolos…


Foi un día especial, onde tanto os maiores coma os pequenos disfrutamos moito o aire libre.

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Xun 11
Hoxe decidimos facer unha macedonia para o tentempé. Escollemos diversas frutas, entre elas: sandía,

piña,

melón,

mazá…


As máis pequenas, tamén se animaron a probar, o que máis lles gustou foi a sandía



E iste é o resultado…

agora a comer, ñam, ñam!!

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Xun 11
Neste día decidimos pintar con petis de chocolate.

Esta é unha actividade que lles gusta moito.


E algún que outro, aínda lle botaba unha lametada.



Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Xun 11
O día 12 de xuño, imos de visita ó colexio, polo que lles imos a levar uns pequenos agasallos as/os nosas/os novas/os compañeiras/os, adiviñades que é?!




son de moitas cores diferentes: amarelas, azuis, moradas, verdes… Aínda non o adiviñastes?

son…FLORES!!! Que bonitas nos quedaron!!

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Mai 27
Para que todas/os as/os nenas/os puideran coñecer as familias das/os súas/seus compañeiras/os decidimos facer unhas flores xenealóxicas coas fotos de cada un coa colaboración das familias, amosámosvos unhas cantas porque aínda non temos as de todas/os.

Esta é a familia de Andrea.

Esta a de Angie.

A de Brais.

De Andrés,

Gabriel,

Joel,

Lucas,

a da profe Laura,

e a da profe Cris.
Cando teñamos as restantes feitas, ensinarémosvoslas.
Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Mai 27
Neste día, o persoal de obras do concello, viñéronnos arranxar o areeiro, xa que estaba sendo utilizado como entrada a Escola Infantil por unha obra colindante. Como nos fixo tanta ilusión, tanto o persoal da Escola Infantil coma as/os nenas/os participamos en todo momento na reconstrucción do areeiro: transladando as prantas, arrincando pequenas herbas…


E isto foi o resultado de tanto esforzo, un areeiro onde poder xogar.

Nada máis saír o sol, decidimos saír a estrenalo, todos disfrutamos del, dende as/os máis pequenas/os…

… ata os maiores, xogaron con camións,

fixéron torres de area,

e o que máis ilusión lles facía era o columpio, sobre todo as/os pequenos. que ben o pasamos!

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Mai 27
Para esta actividadde decidimos traballar con mistos, o que primeiro fixemos é encenderllos para que eles os apagaran, foi algo que lles gustou.


Logo pintamos un gato onde máis tarde pegarían os mistos usados, facéndolle os bigotes.




Así quedou un dos gatos.

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Mai 27
Para o día da nai decidimos regalarlle un bonito xoieiro, primeiro rasgamos anacos de papel hixiénico para de seguido colar as caixas.






Unha vez ben secas comezamos a colorealas de diferentes cores, cada neno elixiu a que máis lle gustaba: vermella, amarela, azuis…


Todos participaron con moito entusiasmo,




e unha vez secas só quedaba envolvelas, e xa temos o noso agasallo para mamá. Mirade que bonitas!!

Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »
Mai 26
Para o día do libro decidimos realizar unha pequena representación de “Os tres porquiños”, pero primeiro veu a elaboración do material que íamos utilizar: as casiñas e as persoaxes.




Dende que se apagaron as luces, as/os nenas/os mostráronse atentos e intrigados.


O telón abriuse, e a escea comezou.




Publicado en Actividades da galescola | Sen comentarios »