Nov 23
- O pasado domingo 21 de novembro estivemos de Magosto coas familias.
- Como todos os cursos fixemos unha xuntanza coas familias, este ano decidímola facer polo magosto con todas as crianzas que veñen á escola este curso, máis as crianzas dos cursos anteriores, foi todo un éxito xa que asistiron moitas familas.
- Cada curso somos máis, qué ben!!!!!
- FIxémolo no polideportivo que temos no municipio, xa que este día fixo moito frío.





Despois de ter a barriga cheiña estiveron as/os nenas/os pintando un pouco, xogando coas pelotas e tamén xogamos cunha sábana o paracaídas, pasámolo moi ben.







Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Debuxamos unha castaña en papel continuo, botámoslle cola e empezamos a botarlle as cascas das castañas que asamos días atras.





E este é o resultado, mirade cómo nos quedou a nosa castaña Catalina.

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Forramos os botes do leite dos bebes e depois decorámolos con gomets de diferentes cores e pegámoslle castañas pintadas por fóra.




Unha vez rematados metémoslle castañas dentro e a facer ruido, as/os nosas/os nenas/os gustoulles moito e estiveron xogando moito coas maracastañas.

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Fixemos unha castaña na escola, fixémoslle unha boca grande e pegámola a unha caixa, antes decoramos un pouco a caixa. E comezamos a xogar, as crianzas máis maiores entenderon o xogo, pero os mais cativos metíanse no medio e non deixaban tirar, e algún que outro enfadouse.



Agora hai que volvelas quitar para poder encestar outra vez na boca da nosa castañaa. Qué rato máis divertido pasamos!

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 19
Cada crianza co seu plato, as súas castañas e a pitura dedos de cor verde; puxéronse a pintar as castañas que despois deixamos secar, e ó día seguinte pegar as catañas unhas a outras e facer o verme.




Cómo lles encanta ás crianzas andar coa pintura de dedos, ata aos máis pequerrechos!


Este é o resultado, espero que vos guste o noso verme verde, verde, verde, como o crocodilo que se perde….


Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 16
Estiveron un bo ancao entretidos todos xogando coas castañas , meténdoas e sacándoas dos diferentes materiais que lles puxemos enriba da mesa.


Esta foto é unha dos cativos máis pequenos e mirade que entretido estaba co seu bote e as castañas.



Meteron castañas nos botes grandes depois ían collendo dunha en unha e íannas botando en botes máis pequenos.

Esta nena collía cas castañas cunha culler e ías botando non embase de iogurt.

Meteu castañas nun embase de iogurt e despois estivo vaciando dun embase para outro.



Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 16
PIntamos una ficha da castaña Catalina, despois pegámola en cartón e cortámola en catro partes, envolvemos todo e cada crianza levou o seu para casa.




Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 15
Asamos as castañas no microondas.


Deixámolas enfriar e empezamos a bullalas, as cascas das castañas gardámolas para facer outra actividade , que xa veredes máis adiante.


E algunha das nosas cianzas xa pelan as castañas, todas e todos as probaron, e en xeral a todos lles gustaron.



Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 15
Coa chegada do magosto neste mes e como é o típico no noso contorno , na escola decidimos facer a nosa fogata coas castañas. As crianzas pintaron en papel continuo de cor vermello e amarelo para facer a foguiera, despois tamén pintaron de cor marrón para facer as castañas.





E esta é a nosa fogueira coas castañas, tede coidado a ver si van estoupar que non as picamos, jajajajaja!!!!!

Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO | Sen comentarios »
Nov 15
Este día primeiro preparamos a zona coas cabazas, e as cabazas antes de que chegasen as crianzas. Cortámoslles a parte de arriba para despois poñernos mans á obra.

Aí chegan as/os nosas/os traballasoras/os, mirade con qué cara quedan as máis cativas, xa que para elas era a primeira vez.

Esta é unha das máis cativas, e mirade que ben o está a pasar.

E puxémonos mans á obra con culleres e coas mans.






Despois de traballar arreo para quitarlle todo o que tiñan dentro, unha das educadoras empezou a facerlle as formas as nosas cabazas.

Mirade o resultado, dan algo de medo a que si??. Puxémoslle unha candea dentro, apagamos a luz e trouxemos ás crianzas para que viran o resultado, non vos perdades a cara dalgún deles.


A verdade que ás escuras daban algo de medo, pero as crianzas gustoulles moito esta actividade, ainda que algúns tiveron algo de medo, pero pasámolo xenial este día.


Publicado en ACTIVIDADES DO OUTONO, Actividades na escola infantil | 2 comentarios »