Arquivado da categoría ‘Actividades na escola infantil’
Como empezamos a traballar a unidade didáctica do inverno e como por aiquí xa tivemos algunha nevada, dicidimos facer unha actividade relacionada ca estación que vai entrar nuns días. Pintaron o tellado de vermello e as paredes da casa con rotuladores de diferntes cores, despois unha educadora montou a casiña e as crianzas botaronlle fariña no tellado facendo como neve.
O 29 de novembro veu o arreador coa súa tarazana a facernos una visita á escola. Chegou xingrando o chifro, talasiounos como funciona a tarazana e arreounos na arría as trinquetas do centro.
Talasiounos como se fan os buratumelos dos amacramentos coa parafusa e largañas mostahas talaxias,… As muteliñas e muteliños probaron a mover a burra impulsando co pé o esmeril.
O que mastaho lle gustou as muteliñas e muteliños foron as faiscas.
( Texto en barallete traducción no fondo da páxina)
O chifro
Enseñamoslle a nosa gumarra afiadora.
Afiando as tesoiras.
A parafusa.
O 29 de novembro veu o afiador coa súa roda de afiar a facernos unha visita á escola, chegou tocando o chifro. Ensinounos como funcionaba a roda e afiounos na pedra de afiar as tesoiras do centro. Ensinounos como se fan os buratos dos cintos coa parafusa e moitas máis cousas,… As crianzas probaron a mover a roda impulsando co pé o pedal.
O que máis lles gustou as crianzas foron as chispiñas.
¡¡ Grazas Santi pola túa instructiva visita !!
Desde a escola decidimos facer a mascota das escolas infatis coa tarazana e así crear a nosa proia mascota. Para realizar a seguinte actividade necistamos os seguientes materiais: pinceis, xiz, pintura branca, cartón, xornais e revistas vellas, pintura de diferentes cores e por último o barniz.
Primeiro debuxamos a gumarra no carton e despois puxemoslle xornais e revistas polo redor do debuxo, e puxemonos mans a obra co xiz a cubrir a nosa gumarra, as crianzas antes de empezar a faena estiveron manipulamdo o xiz.
Aiquí xa toda cuberto o debuxo, dexamolo secar un par de días para despois empezar a pintar.
E este e o resultado.
A verdade que nos quedou bastante ben e gustouno moito o resultado final, e ahora témola exposta nunha ventá da nosa escola.
Esperamos que vos guste tamén a todos.
Este día primeiro preparamos a zona coas cabazas, e as cabazas antes de que chegasen as crianzas. Cortámoslles a parte de arriba para despois poñernos mans á obra.
Aí chegan as/os nosas/os traballasoras/os, mirade con qué cara quedan as máis cativas, xa que para elas era a primeira vez.
Esta é unha das máis cativas, e mirade que ben o está a pasar.
E puxémonos mans á obra con culleres e coas mans.
Despois de traballar arreo para quitarlle todo o que tiñan dentro, unha das educadoras empezou a facerlle as formas as nosas cabazas.
Mirade o resultado, dan algo de medo a que si??. Puxémoslle unha candea dentro, apagamos a luz e trouxemos ás crianzas para que viran o resultado, non vos perdades a cara dalgún deles.
A verdade que ás escuras daban algo de medo, pero as crianzas gustoulles moito esta actividade, ainda que algúns tiveron algo de medo, pero pasámolo xenial este día.





































































