Aniversario Diego

Escrito por orosal, o 15 Maio 2013 17:25

O venres 10 de Maio na aula dos soles (2-3 anos A) celebramos o aniversario de Diego.

Tanto él como os seus compañeiros/as o pasaron en grande coa celebración e comendo a rica tarta que nos fixo a súa nai.

¡ ¡ Parabéns campeón ! !

Diego protagonista

Escrito por orosal, o 15 Maio 2013 17:22

Na semana do 6 ao 10 de Maio Diego foi o protagonista na aula dos soles (2-3 anos A)

Gustoulle moito contarlle aos seus compañeiros/as a súa historia a través dun bonito mural-casa, decorar a súa silueta e recibir a visita do seu pai, co que todos/as disfrutamos moito xogando con pompeiros e explotando as pompas.

EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS

Escrito por orosal, o 7 Maio 2013 19:22

Durante o mes de abril as actividades xiraron en torno ao centro de interese dos sentidos. Na aula das lúas (0-1 ano) os nenos e as nenas manipularon flores e obxectos de diferentes texturas, uliron esencias, flores… e degustaron algúns alimentos:

Na aula das estrelas (1-2 anos) manipularon arxila e telas de diferentes texturas, uliron aromas e froitas, saborearon alimentos doces e salgados, observaron o mundo a través dun catalexo confeccionado con material de refugallo:

Na aula dos soles (2-3 A) observaron o contorno da escola con prismáticos, decoraron as partes da cara dun boneco, realizaron unha vidrieira con papeis de diferentes cores e experimentaron con auga fría e morna.

Na aula dos astronautas (2-3 B) manipularon papel de celofán e area, realizaron un obradoiro con caixas de cartón e degustaron alimentos de diferentes sabores:

E os nenos e as nenas do 0-3 da tarde realizaron un obradoiro do tacto no que manipularon fariña, pasta cocida e teas de diferentes texturas, xogaron á “pita cega”, experimentaron novas sensacións a través da pel, saborearon embutidos no obradoiro do gusto e estiveron moi atentos á sesión de teatro-guiñol:

AGASALLO DO DÍA DA NAI

Escrito por raquel_orosal, o 7 Maio 2013 18:56

Na semana do 29 de abril ó 3 de maio, @s nen@s traballaron con moita ilusión para facerlle un bonito agasallo a súa mamá:

- Na aula das Lúas (0-1 anos) realizaron un bonito xarrón de flores, onde estamparon as súas mans e encheron o xarrón con area.

- Na aula das estrelas (1-2 anos) traballaron facendo un orixinal colgador, decorárono con papeis de moitas cores e pegáronlle unha pinza.

- Na aula dos astronautas (2-3 B) fixeron un simpático cadro, no que pegaron uns macarróns coloreados o redor dunha foto.

- Na aula dos soles (2-3 A) elaboraron un xoieiro, pegando unha servilleta de papel decorada nunha caixa e fixeron un anel con tea de fieltro.

¡¡ Moitas felicidades a todas as mamás!!

IMOS DE EXCURSIÓN

Escrito por raquel_orosal, o 7 Maio 2013 18:51

O pasado venres 26 de abril, realizamos unha excursión toda a escola. Primeiro visitamos o zoo da Madroa en Vigo, no que @s nen@s observaron os diferentes animais, e despois dunha boa comida seguimos a excursión ata o parque dos sentidos en Marín, alí disfrutamos de todos os elementos do parque. ¡¡Como gozamos!!

Velaquí a mostra do ben que o pasamos:

MENÚ MAIO

Escrito por raquel_orosal, o 3 Maio 2013 13:02

menu-maio

VISITA A GRANXA

Escrito por raquel_orosal, o 30 Abril 2013 18:57

O 19 de abril os nenos/as das aulas de 1-2 anos e 2-3 anos foron  visitar a granxa de Juan, un veciño do Rosal.  A todos lles  encantou a visita, poideron coñecer e observar ovellas ,galiñas, pitiños ,tartarugas ,patos….pero sen dúbida algunha,o que mais lles gustou foi montar no poni chamado “Tornado”.Que divertida esta visita!!

ANIVERSARIO DE PEDRO

Escrito por raquel_orosal, o 30 Abril 2013 14:04

O xoves 25 de abril, celebramos o aniversario de Pedro.Todos os/as nenos/as da súa aula tocaron as palmas o tempo que as súas educadoras cantaban o “cumpleanos feliz….”MOITAS FELICIDADES CAMPEÓN!!!

LIBRO DO PROTAGONISTA PEDRO

Escrito por raquel_orosal, o 30 Abril 2013 13:58

Na semana do 22 o 25 de abril tivemos como protagonista na aula de 0-1 ano a Pedro.Non lle gustou moito o de estampar as máns e os pés ,porque iso de mancharse non e o seu……aínda así, gustoulle o resultado!!

ACTIVIDADES DE MAIO

Escrito por raquel_orosal, o 30 Abril 2013 13:44

actividades-maio-0-1-ano

actividades-maio-1-2-anos

actividades-maio-2-3-a-anos

actividades-maio-2-3-b-anos

actividades-maio-0-3-tarde