“Tempo para gozar do tempo”

Escrito por pardela, o 18 Xuño 2010 15:44

Ás crianzas hai que darlles momentos, espazos, tempos nos que teñan oportunidade de asimilar, de vivir, de coñecer, de aprender, de construír as súas propias aprendizaxes.

Agora que temos máis tempo, parece que a felicidade futura das crianzas, depende da cantidade de cousas que poden facer nun día.

Nesta presentación, reflexionamos sobre a importancia de dar tempo a cousas que son esenciais para o seu desenvolvemento. Xa que non hai tempo para todo …  Analizamos dende aquí,  se lles estamos dando as ferramentas que necesitarán para a vida…..

Premede no seguinte enlace para chegar á  páxina

A familia e un máis: A televisión … membro “activo” na socialización das crianzas

Escrito por pardela, o 12 Maio 2010 11:22

A televisión está presente dende moi pronto na vida das crianzas,
formando parte dela, influíndo nas súas vivencias, influíndo nas súas
experiencias, influíndo na forma na que ven o mundo, na forma de
interpretalo. A televisión está a modificar o proceso clásico de
socialización dos nenos e nenas.

Animádevos a descubrilo connosco.

Premede no seguinte enlace para chegar á  páxina

“As rutinas: punto de partida para a aprendizaxe de hábitos saudables”

Escrito por pardela, o 30 Marzo 2010 14:35

As rutinas e os hábitos otorgan ás crianzas a seguridade de saber que esperar, a tranquilidade de coñecer que é o que virá, o placer de dominar aquilo que hai que facer… Pero as rutinas e os hábitos son algo máis que iso, xa que con cada un deles, adquirimos e establecemos novas formas de ser e de facer… nos axudan a educar en saúde…

Descubrídeo connosco!

Premede no seguinte enlace para chegar á  páxina

CHOCOLATERAPIA

Escrito por pardela, o 26 Marzo 2010 10:44

¿Sabes o que é a chocolaterapia? Se te atreves a descubrilo entra na páxina con este nome.

Experimentamos o CAMIÑO “3ª Xornada en Festa coas Familias”

Escrito por pardela, o 24 Febreiro 2010 12:12

O camiño é unha metáfora da vida,

un lugar de encontro,

de encrucillada,

unha vía de ida e volta…”


Camiñante, hai CAMIÑO…. o estamos facendo ao andar. Hai moitos camiños nun mesmo camiño.

Vinde a descubrilo connosco.

xornada en festa

 

A escola, lugar para a educación ambiental: o noso horto, un exemplo da globalidade nas aprendizaxes.

Escrito por pardela, o 4 Febreiro 2010 16:50

As crianzas son axentes activos que constrúen o seu coñecemento a través do que viven, observan, manipulan e experimentan. Coa actividade no horto estamos dando oportunidade aos nenos e nenas de explorar, de experimentar. Así chegarán a comprender, a desfrutar “dese”, con “ese”, anaco de terra que tantos “misterios” garda e que tantos coñecementos nos aporta.

Olla esta páxina

“A escola, lugar para a coeducación: educando en igualdade”

Escrito por pardela, o 8 Xaneiro 2010 11:20

A coeducación trata de recoñecernos na diferencia, e tratarnos en igualdade.

Na escola transmitimos unha serie de coñecementos, de valores, de actitudes a tódalas crianzas. Tentamos que teñan a posibilidade de potenciar aqueles valores, aquelas actitudes, aqueles coñecementos, que posibiliten o seu desenvolvemento integral como persoas.

A escola contribúe nos procesos de socialización das crianzas, evitando os estereotipos que a sociedade nos marca, enriquecendo a súa visión do mundo, nunca poñendo límites ás aprendizaxes.

A vosa impricación é fundamental, educar para a igualdade non se acada de xeito automática, por iso é necesario que colaboredes connosco dende a casa na acción coeducativa. Vós, desempeñades un papel fundamental para facer efectiva a igualdade de oportunidades.

Debemos traballar pola coherencia e reforzamento mutuo dos valores e exemplos que desenvolvemos en ambos espazos de socialización, a escola e o fogar.

….E tendo sempre presente, que as diferencias nunca deben impricar desigualdades.

Olla esta páxina

O noso primeiro outono

Escrito por pardela, o 18 Novembro 2009 16:31

Con castañas, cabazas, millo e follas

nunha aula da escola

as crianzas máis pequenas,

aprenden e xogan…..

Así experimentamos e vivimos o noso primeiro outono.

o-noso-primeiro-outono21

“1ª Xornada en Festa coas Familias”

Escrito por pardela, o 16 Novembro 2009 14:32

O pasado venres, celebramos a “Primera Xornada en Festa coas Familias”. As castañas e as cabazas,  o Magosto e o Samaín, nos ofreceron moitas posibilidades para facer, para aprender,  para coñecer, para  experimentar, para degustar, e dende logo, moitas posibilidades para desfrutar e compartir.

Esperamos que o video sexa reflexo do que vivimos ese día. Grazas familias pola vosa participación, impricación e  colaboración.

FESTA DO MAGOSTO E SAMAIN

a que sabe o outono???

Escrito por pardela, o 12 Novembro 2009 19:08

góstanos andar a saborear as cousas que nos rodean, e o outono tamén sabe, pero.. a que? olla a páxina con este título, e non tardarás en averigüalo. Nós xa o sabemos!!!