Unha adaptación para todos e todas. Todas e todos, podemos axudar… Adaptámonos á Pardela…..
Escrito por pardela, o 10 Setembro 2009 17:45
A entrada dos nenos e nenas na escola é un paso moi importante no seu desenvolvemento. Por vez primeira, van saír do seu núcleo familiar para entrar noutro novo mundo, onde descubrirán espazos, persoas, amigos e actividades novas. Coa entrada na escola están a dar un paso de xigante no seu proceso de socialización e maduración.
A adaptación é un proceso que ten unhos protagonistas fundamentais ….AS CRIANZAS, que son as que deben supera-los cambios que acontecen, as que teñen que ir conquistando o novo ambiente, as que van ir incorporando esta experiencia á súa medra vital. Pero non debemos esquecer que todos e todas temos un importante papel…..
Descubrídeo connosco…..
Olla esta páxina