Unha adaptación para todos e todas. Todas e todos, podemos axudar… Adaptámonos á Pardela…..

 

 

A entrada dos nenos e nenas na escola é un paso moi importante no seu desenvolvemento. Por vez primeira, van saír do seu núcleo familiar para entrar noutro novo mundo, onde descubrirán espazos, persoas, amigos e actividades novas. Coa entrada na escola están a dar un paso de xigante no seu proceso de socialización e maduración.

 

 

 A adaptación é un proceso que ten unhos protagonistas fundamentais ….AS CRIANZAS, que son as que deben  supera-los cambios que acontecen, as que teñen que ir conquistando o novo ambiente, as que van ir incorporando esta experiencia á súa medra vital. Pero non debemos esquecer   que todos e todas  temos un importante papel…..

 

Descubrídeo connosco…..

Olla esta páxina

 

2 respostas para “Unha adaptación para todos e todas. Todas e todos, podemos axudar… Adaptámonos á Pardela…..”

  1. equipo educativo Di:

    O traballo en rede imprica colaboración, adicación conxunta, intereses compartidos… Traballar en rede imprica tamén ás familias, compartir coñecementos, esforzos, tempos….
    Grazas Dolo (nai de Roi), polos segundos, minutos … horas, que tan xenerosamente compartes connosco e fixeron posible esta presentación.
    ¡¡¡gracias!!!

  2. Dolo (nai de Roi) Di:

    Grazas a vós, por permitirnos axudarvos a seguir adiante cos “nosos proxectos”, e mostrarnos día a día os avances dos nosos cativos.

Deixa un comentario